Hai
moitos tipos de apertas:
-Aperta
de alegría.
-Aperta
de agarimo.
-Aperta
de tristeza.
-Aperta
porque fai tempo que non ves a alguén.
-Aperta
porque si.
Estas
instrucións valen para a aperta de agarimo, os pasos son os
seguintes:
Se
ves a persoa a que vas abrazar ao lonxe; o primeiro é achegarte a ela
para poder abrazala. Podes ir correndo, camiñando ou directamente
berrarlle para saudala. Cando xa estás onda ela, achégaste ata
poder pasarlle os brazos por enriba dos ombreiros, ou por entre os
seus brazos (para facelo dunha ou doutra maneira depende da altura da
outra persoa).
Cando
xa a estás abrazando para indicar que é de agarimo moves un dos
teus brazos de arriba a baixo ao longo da súa espalda. Se non a
saudaras antes tamén lle podes falar onda a orella cando a esteas
abrazando.
A
duración desta acción depende do tipo de aperta; se é unha aperta
de agarimo coma as miñas indicacións a súa duración é de entre
un e dous minutos.
Tras
o abrazo calquera da dúas persoas sente moita felicidade de abrazar
a outra e estar xunto a ela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario