Ser
feliz é unha sensación que deberiamos ter día tras día e hora tras
hora, pero isto non é posible de todo, porque todo ser humano sente
tristeza, agobio, ou outro sentimento que te fai estar decaído por
algún motivo como por ser sensible.
Cando
non te sintas con ganas de facer case nada, intranquilo, etc o mellor
que debes facer é descansar, se isto non é posible un paseo pola
natureza sempre ven ben.
Para
ser feliz e olvidarte de acontecementos que non che fan ben, podes,
como dixemos anteriormente, dar un paseo pola natureza, ou practicar
deporte, ou calquera outra cousa que che entreteña, pero sempre
facendo algo no que esteas distraído. Isto fará que te olvides pouco a
pouco dos acontecementos que te puxeron decaído. Distráete, queda
con amigos, escoita música,...pero sempre estate distraído. Se tes
ganas de chorar, chora, pero mellor, chora de risa. Aliméntate ben e
recorda sempre a xente que estivo contigo apoiándote no bo e no non
tan bo, agradécello e sé feliz.
E
recorda,...todos os problemas teñen solución! Se tes un día gris,
píntao con cores alegres!
Ningún comentario:
Publicar un comentario