O 30
de xaneiro de cada ano celébrase o día internacional da paz. Neste
día todos os centros escolares realizan algunha actividade. Cando eramos mais nenos debuxabamos unha pomba e colocabámoslle dentro
unha mensaxe pacífica como o é amor, amizade, non violencia etc.
Crecemos,
en lugar de debuxar unha pomba facemos unha redacción, como o estou
facendo eu agora mesmo, ou lemos un libro.
Pero,
en realidade, de que nos serve escribir unha redacción, ler un libro
ou debuxar unha pomba se todo iso se queda niso? Nun simple debuxo,
libro ou redacción.
Todos
os días deixamos que morra xente inocente mentres outra que non o é
vive en casas de luxo, con tres coches no garaxe e un posto de gran
importancia na sociedade. Deixamos que países menos desenvolvidos se
vexan metidos nunha guerra que, de ante man, saben que é imposible
gañar. Deixamos que miles de nenos non poidan ir a escola, que miles
de mulleres teñan que recorrer quilómetros e quilómetros para
encontrar auga ou alimento. Que miles de persoas non teñan o
suficiente como para sobrevivir. Pero que importa iso se o 30 de
xaneiro pintamos unha pomba?
O
mundo e a paz son de todos e só se colaboramos todos viviremos nun
mundo xusto. Mentres non o fagamos seguiremos vivindo nun mundo no
que hoxe, hai guerra no país veciño e mañá a haberá no noso. Nun
mundo no que a sociedade se rexe por ricos e pobres e no que para que
unha persoa sexa millonaria millóns delas teñen que morrer de fame.
É
hora de deixar de xirar a cara cada vez que nos falan de escravitude
infantil, de mortes inxustas, de pobreza, de analfabetismo, de
desnutrición…
Son
moitos os problemas que temos que solucionar para acadar a paz, pero
tamén somos moitos os que temos que loitar por eles.
Imaxinade
que todos os países cambiasen o diñeiro que inverten en armas en
educación ou sanidade. Non sería esa unha boa maneira de comezar a
buscar a paz? É certo que nos non podemos elixir en que inverten ou
en que non o fan pero si podemos comezar a buscar a paz no noso
entorno. Comezar por en lugar de resolver as cousas con violencia,
con malas palabras ou xirando a cara cando vemos unha situación
inxusta as resolvamos falando e axudando.
E
así para o próximo 30 de xaneiro non só estaremos pintando unha
pomba ou escribindo unha redacción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario