Tras
unha festa de entroido, Sofía e Lupe, unhas rapazas duns 17 anos,
queren pedir
un taxi, para volver á casa. Estes están todos ocupados, entón
lévanas uns descoñecidos.
Parecían que xa estudaban na universidade, notábase que levaban
uns cuantos vasos de alcohol, pero aínda así, parecían rapaces
normais.
Fóronse
afastando das casas, ata que chegaron a un monte, alí Sofía e Lupe, foron
violadas polos rapaces. Despois do acontecido, foron abandonadas alí mesmo,
no monte, nun lugar despoboado. Tras Sofía chamar aos seus pais e de contarlle
o que acontecera, levan a Lupe a súa casa e logo, a comisaría,
facer a denuncia.
Aínda que ambas proceden ca denuncia, Sofía conta co apoio da súa familia,
pero Lupe non. Isto fai que Lupe se sinta incómoda e sen forzas, e decida
rexeitar a denuncia. Logo decátase de que deixou a súa amiga soa, e volve
a formala. Esta historia remata coa policía que consegue atopar aos agresores
das rapazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario