Cada
día máis mulleres de todo o mundo están a sufrir a violencia de
xénero, unha lamentable violación dos dereitos humanos. Isto non
debería de ser así, xa que os homes e as mulleres “teñen os
mesmos dereitos”, aínda que isto sexa contradito e reflectido
nalgúns aspectos como o soldo de traballo. A diferenza entre o soldo
que cobra un home normal e unha muller que ocupa o mesmo posto de
traballo é un 24% menos en salario anual, o que significa que a
muller tería que traballar 70 días máis para obter o mesmo
salario.
Outra discriminación de cara á muller é a desigualdade
política, explícome: dos trece ministros do Goberno, só catro son
mulleres. Ademais os presidentes do Congreso e do Senado son todos
homes e encanto aos presidentes autonómicos, dos 19 só catro son
mulleres, toda unha inxustiza. Eu penso que esto ten que cambiar
porque é unha desigualdade, non só de xénero, tamén social e
ninguén merece a violación dos seus dereitos. Esto debe cambiar e
está nas nosas mans facelo, non só as mulleres facendo folgas, está
nas mans de todos xa que, como
cidadáns, temos o deber de conservar os nosos dereitos e non deixar
que ningún prexuízo contamine a nosa sociedade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario