Para durmir no autobús hai que
seguir o seguinte proceso:
O primeiro é apoiar a cabeza
no cristal cunha inclinación duns 30 graos, aínda que existen
outras correntes que se basean no repouso da cabeza sobre o asento
contiguo para o que se lle dá un pouco para atrás ao asento propio.
Estas dúas correntes denomínanse ''vivrato'' e ''repousato'',
debido ao movemento ou non da cabeza durante o sono.
O segundo paso é encontrar a
posición correcta das pernas para isto non hai unha regra fixa pero
o máis usual é a posición diagonal.
O terceiro paso é ameazar a
todos os pasaxeiros que o que te esperte sufrirá as consecuencias.
Tras dúas ou tres bromas dos
teus ''amigos'' procédese ao cuarto paso: péchanse os ollos e procédese
a durmir, en caso de non conseguilo facilmente débese comezar a
pensar ata que o teu cerebro non ten ganas de aguantarte e
desconecta.
Agora só falta manter a
compostura e non espertar no medio da noite, en caso de que
ocorrese débese intentar repetir o proceso o máis rápido posible. E
así podes chegar de Guitiriz a Bordeaux sen abrir os ollos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario