En
principio, todas as persoas teñen sentimentos e serían capaces de
emocionarse e ata chorar cunha película, pero moita xente non o
consegue. Se unha persoa non é capaz de lograr chorar con estas
instrucións, non pasa nada.
Para
comezar, a película que se elixa debe ser dramática e emocionante.
Algúns exemplos poden ser “O Diario de Noa” ou “Titanic”. Se
a persoa é capaz de chorar facilmente con este tipo de cine, pode
probar con películas máis infantís que teñan algo de emoción.
Ao
ver a película, a persoa debe de adentrarse nese mundo e vivir a
historia dos protagonistas. Para lograr o estado de trance durante o
filme, unha recomendación sería estar nun lugar tranquilo e calado,
para poder concentrarse. Se consegue vivir a película, está
preparado/a para chorar no momento máis dramático desta.
Normalmente,
as escenas previas á máis importante preparan o espectador para a
emoción. Sinta estas e concéntrese na pena (ou alegría) do
momento. Cando a escena definitiva chegue, concéntrese na pantalla e
pense en todo o que sucedeu na película para sentir a emoción. Se
logra identificarse cos personaxes e comprender a película, chorará
moito. Sentirá moita pena (ou felicidade) durante unha ou dúas
horas posteriores e cando alguén fale da película, volverá sentir esa sensación, pero con menos intensidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario