O
día 11 de Xaneiro, xoves, de 2017, Manuel Molares colaborador do
xornal 'El correo gallego' escribiu un artigo titulado 'Víctimas de
su sexismo' no que defendía as seguintes cuestións.
Segundo
Molares, os medios informativos omiten que hai mulleres que se
entregan a homes violentos sabendo que poden chegar a matalas. Tamén
di que as mulleres convértense en escravas sexuais que seguen ós
homes polo pracer físico que lles dan. Para el, esas
mulleres son unhas "yihadistas
suicidas", "uns soldados voluntarios na primeira liña de lume". Tamén
compara o caso coa mitoloxía grega, na que Zeus viola a moitas
mulleres segundo Molares, "estúpidas".
Respecto
a este tema, a miña opinión é moi sinxela, ningunha muller
conscientemente se achegaría a un violador/asasino. Se
acontecen estes casos é por persuasión,
ameazas e actos
violentos por parte do home, e o medo da muller a que lle faga algo.
O
problema nestes casos é
o estado mental dos homes, a maioría son psicópatas e
outros demasiado violentos, que non saben cando parar. A
raíz do problema está na sociedade: dende sempre a muller foi vista
como un ser
inferior a un home, non se recoñecía como persoa, sempre foron
posesión de homes, dos pais ou dos seus maridos, e estes trataban a
muller coma unha posesión deles
e de ninguén máis.
Tardamos
moito en conseguir dereitos para as mulleres, como o dereito ó voto,
que diferenza hai entre as opinións políticas dun home e unha
muller?
Ou
un caso máis recente, a lei do aborto, aprobada en España no 2010,
no que daban o dereito ás mulleres de poder decidir se ter o fillo
ou non, nun período de 14 semanas. Antes diso, se unha muller era
violada e quedaba embarazada, era repudiada, criticada, estaba mal
visto e ela mesma tiña que criar un fillo indeseado que lle
recordaría sempre a aquel horrible
acto.
O
que temos que facer é educar á sociedade na igualdade, todos
merecemos o mesmo respecto, e pouco a pouco disminuirán os casos de
violación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario