A igualdade é a ausencia de discriminación entre os seres humanos.
Hoxe en día moita xente discrimina a outra doutro lugar, sexa polo
seu acento, pola súa roupa, polos seus costumes, pola súa relixion,
pola súa cor, polas cousas que fixeron xente do seu lugar de
nacemento ou relixion etc.
Eu creo que non todos somos iguais, pero
non temos por que discriminar a xente. Cando ao noso pais vén alguén
de fóra soemos facer case todos o mesmo, sempre lles damos un trato
de inferiodidade. A xente debería ter máis empatía porque se
seguimos así non chegamos a ningún lado, porque a xente pode ter
problemas e estámonos rindo ou mofándonos dela. A nós non nos
gustaría que se risen de nós por gustarnos persoas do mesmo sexo ou
por ter problemas de obesidade, moita xente suicidouse por estas
“pequenas” cousas e sempre hai unha frase para isto “non fagas
o que a ti non che gustaria que cho fixeran”, así que a próxima
vez pensa antes de falar, porque unha palabra pode facer moito dano,
e podes ser ti o seguinte, non todos somos perfectos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario