Estou
totalmente en desacordo con este artigo, xa que trata as mulleres de parvas ou algo así. Xa empeza dicindo que “hay mujeres que se
entregan voluntariamente a hombres violentos”, a palabra “entregan”
non é a correcta xa que non somos escravas nin xoguetes.
Segue
dicindo: “sabiendo que pueden matarlas”, eu penso que sabendo iso non
estarían con eles ou pensarían que podían facerlles
cambiar de parecer.
Despois
di que case sempre o home é o “chungo e malote” como di neste
artigo e a muller é atractiva e sofisticada. E subliña que aínda por riba a
muller dóbralle a idade ó home. Segue
dicindo que tras unha orde de afastamento a muller volve vivir con el. Eu penso que o fai ou porque ten medo, ou el a ameaza (neste
caso, non estou xeralizando) ou simplemente por amor pero é o
menos probable. O que xa non vexo nada normal é cando di que está
con el só polo pracer físico que lle proporciona. Está tratando a
muller como unha prostituta ou algo así. Por
último di que a muller é unha "yihadista suicida" e fai referencia ó
deus Zeus que mataba as mulleres “estúpidas”. Penso que as
mulleres tamen poden mandar nelas mesmas e non estar baixo as ordes
do home, como di este fragmento.
Pareceume
moi ben que borraran esta noticia do periódico xa que a xente non
debería ler cousas así.
Ningún comentario:
Publicar un comentario