A
primeira morte por violencia machista deste novo ano 2017 ocorreu o
un de xaneiro a vinte quilómetros da cidade de Madrid, un home
colombiano duns vinte anos matába a súa amante de corenta, esta xa
lle puxera unha orde de alonxamento por maltrato, pero cando
conseguiu a orde volveu convivir con el.
Manuel
Molares escribiu un artigo no cal facía referencia a este caso, e
dicía que unha muller se entrega voluntariamente a homes violentos e
que sabe que a poden matar, dando a entender sobre este acontecemento
do 1 de xaneiro que, cando unha muller é asasinada por violencia
machista, provocouno de maneira voluntaria, xa que estaba cun home
agresivo. No artigo tamén di que desta maneira esas mulleres se
converten voluntariamente en escravas sexuais dos seus posibles
asasinos, e que botan a perder os consellos que lles proporcionan os
psicólogos tras denunciar as súas parellas.
Discrepo
ante a súa idea de que as mulleres se entregan voluntariamente a
homes violentos que lles farán dano, xa que en moitos dos casos de
violencia machista a muller estaba separada do home e xa non eran
parella. Tamén hai casos nos que aínda mantiñan o matrimonio,pero
aínda con iso en ningún momento unha muller morre de maneira
voluntaria.
E
tampouco podemos dicir que se converte en escrava sexual do seu
posible asasino, xa que non sabemos os motivos polos que volveu
convivir con el, e sen uns datos básicos non podemos opinar sobre
algo porque non teriamos argumento (como é este o caso).
Estes
casos na actualidade están moi castigados pero algúns aínda non o
están o suficiente xa que, en moitos dos casos o culpable do
asasinato ingresa seis meses no cárcere e pasado este tempo, sae sen
ningún outro castigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario