Hoxe
en día, hai persoas que non respectan as ideas, as relixións, as
culturas etc. dos demais, é dicir, se ven na rúa un home
moreno xa dín que é negro ou que a súa relixión non vale nada.
Non
podemos seguir así, a este paso imos ter que separar o mundo en
dous, nun lado as boas persoas e noutro lado as persoas que se dedican
a amargarlles a vida ás persoas que de verdade non son así.
Temoas
que darnos conta de que así non imos a ningures, que discriminando
as persoas por ter diferente cor de pel, diferente relixión e
diferentes ideas, esas persoas xa non valen nada.
Non
podemos ir pola rúa dicindo que todos os musulmáns son
terroristas, que todos os cataláns son tacaños, etc
Neste
mundo, as únicas malas persoas somos nós, porque acusamos a xente
como se de verdade foran elas as que fixeron todo o que nós dicimos,
por exemplo, no telexornal non din as cousas boas dos musulmáns, só din que son terroristas e que o
que tamén deberiamos facer é ter máis empatía cos demais. Todos
deberíamos empatizar coa persoa á que lle podemos estar facendo
dano co que lle dicimos, deberiamos ter amigos por todo o mundo, para
aprender a respectar outras relixións, costumes, que nos enriquecemos moito máis ca
andar meténdonos coa xente diferente a nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario