Nestes
tempos, viven nas mesmas cidades e barrios, persoas de diferentes
culturas.
Ainda
que a maioría das persoas conviven pacificamente sen ningún
problema, segue habendo prexuízos cara ás persoas dalgúns lugares.
Só
porque un personaxe dese lugar fixese alguna cousa mala, ou tivese
malos costumes, xa se toma a todos os habitantes polo mesmo.
Algúns
exemplos son:
Dicir
que todos os cataláns son tacaños, só porque haxa alguén tacaño.
Dicir
que todos os vascos son terroristas, só porque houbera un grupo
terrorista.
Dicir
que todos os musulmáns son yihadistas, só porque haxa persoas que o
son.
Estes
prexuízos, poden resultar prexudiciais para a xente da que se fala,
xa que poden pensar que o que se di é verdade e facelo só porque
lle comen a cabeza. Estes
rumores, deberían ser castigados pola lei, xa que se tiveramos
empatía, e nos puxeramos no seu lugar, non nos gustaría nada que
nos dixeran isto.
Pero
en realidade, os prexuízos entre as persoas, non é só entre
adultos, senón que tamén os sofren nenos e nenas, do mesmo país
que o das persoas que lles imponen os prexuízos. Un
dos exemplos mais coñecidos e recente é o bullying.
O
bullying, é que un rapaz sexa acosado por outros compañeiros. Pode
ser maltratado físicamente, psicoloxicamente…E isto sófreno, sobre todo, rapaces que destacan en puntuación nos
exames, rapaces débiles…E
os agresores son, sobre todo, rapaces con problemas cos pais. Pero
o máis sorprendente de sufrir bullying é que os que o sofren,
poden incluso coller unha segunda personalidade e provocalo eles.
Dende
o meu punto de vista, tanto as diferenzas entre persoas coma o
bullying son cousas moi malas xa que actuamos sen motivos, e sen
coñecer esa xente que se cadra son boísimas persoas,
pero non o queremos admitir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario