RESPECTAR
ÓS DEMAIS
O
respecto é un valor mediante o cal una persoa ten consideración e
aprezo a outra sen importar a súa relixión, a súa situación
económica, o seu físico, a súa orientación sexual etc.
Pero
en moitos casos isto non se leva a cabo.
“BULLYING”
OU ACOSO ESCOLAR
Ao
falar de “bullying” estamos facendo referencia ao acoso escolar.
Este acoso é o maltrato psicolóxico e físico cara os estudantes
por parte dos seus compañeiros.
Sóese
dar a cabo manipulacións, ameazas, agresións, exclusións e bloqueo
social...
En
calquera acoso dáse a repetición destes abusos. Moitos rapaces
tiveron que marchar da escola por casos de acoso coma este.
DISCRIMINACIÓN
RELIXIOSA
Esta
discriminación por relixión consiste en tratar a unha persoa de
maneira irrespectuosa polas súas crenzas relixiosas.
Este
acoso inclúe comentarios ofensivos sobre as prácticas e crenzas
relixiosas das persoas.
Por
exemplo: o acoso e exclusión ós ateos.
En
países cristiáns e islámicos, os ateos enfrontáronse a unha
discriminación onde se inclúen as penas de morte, cadea perpetua e
bloqueo social, educativo e médico...
DISCRIMINACIÓN
DE XÉNERO
Esta
discriminación fai referencia á diferenza entre xéneros. Hai moito
tempo pensábase que as mulleres eran inferiores ós homes. Críase
que non tiñan os mesmos dereitos económicos e laborais. Nos últimos
anos incorporouse a muller á sociedade, pero aínda así algúns dos
salarios son máis baixos ca os dos homes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario