Esta
entrada que escribiu Molares é unha ofensa as mulleres, insinuando
que as mulleres non pensamos e que nos matan porque queremos.
Acusa
as mulleres de “yihadistas suicidas”, unha palabra que non me
parece normal para definir as mulleres. Nós
non somos as culpables de que un home ao que se lle cruzan os cables
mate a súa parella por diversos motivos que son paranoias del.
Iguala
a violencia de xénero coa mitoloxía grega, xa que di que había
deuses que mandaban e facían o que querían, e que a sociedade era
moi desigual.
A
violencia de xénero está moi presente, e aínda que parece que está
a concienciarse a xente dela, con eses comentarios non se pode
acabar, xa que pode chegar a incitar aos homes a cometer máis
asasinatos, porque dá a entender que a culpa téñena as mulleres e
non os homes, e iso pode facer que se confíen e poden matar aínda
máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario