A
porta do fondo entreabriuse, eran as catro da mañá cando ía á
cama pero, de repente, oín un chío da porta e fun mirar que pasaba
alí, de repente, atacoume un home de estatura media e deixoume
inconsciente. Espertei nunha cama coas mans atadas, vía todo
tuberías e chegamos ata un corredor con dúas habitacións,
as dúas baleiras, deixoume nunha delas e vin a súa cara. Era calvo,
duns 30 anos. Cando me deixou na habitación, púxome unha rosa de
ouro na cama como se fora moi importante para el. Ao momento empecei
a mirar polo burato da porta e vin unha muller e berrei se me
podía axudar. Entrou, pero cando empezaba a cruzar a porta era el
vestido de muller, empezoume a falar como se fora unha muller. Pasou
un día, espertei, aparecieu de novo pero vestido de neno e
pregunteille cantos anos tiña pola súa actitude e díxome que 9 anos. Funlle mentindo dicindo que tiña que ir cos meus pais, ao final conseguín
escaparme e ata hoxe non sei nada máis del.
Ningún comentario:
Publicar un comentario