Hai
que terlles
respecto*
a todas as persoas, sexan de cor, brancas ou doutro país. Hai
prexuízos de moitos tipos pero o máis importante é non terlle
respecto a unha persoa por algo que non nos gusta, por exemplo: se
unha rapaza é musulmá e está nunha clase todos pensan que os
musulmáns son terroristas, eses rapaces non terían corazón xa que
non lles gustaria que as persoas doutros países dixeran que todos
somos exportadores de droga...
Por
outro lado tamén existen prexuízos polo cor da pel. Estes prexuízos
xa xorden dende xa hai, e isto chámase racismo*.
O
racismo pasa cando a unha persoa (normalmente branca) non lle gustan
as persoas que son doutra cor e empézaos a insultar sen ter porque,
sen coñecelo sen saber se é boa persoa ou mala. Unha inxustiza!
Tamén
hai prexuízos linguísticos que é o que estamos a estudar este ano
no colexio. Un prexuízo lingüístico
é
cando se empezan a dicir cousas sobre unha lingua que non son verdade
e que se van expandindo por todos os lugares e recunchos. Como: "o
galego é lingua de pobres". Iso non é verdade! Que eu saiba
nós
non somos pobres e falamos galego, unha lingua moi bonita.
Como
conclusión penso que hai que terlle respecto a todas as
persoas: cáiannos mal ou ben ou sexan doutra cor, raza ou cultura.
Respecto:
actitude ou sentimento que fai que sexa tratada con consideración
unha persoa ou cousa.
Racismo:
teoría que sostén a superioridade dunha raza e o seu dereito a
dominar as outras razas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario