O
artigo “Víctimas de su sexismo” escrito por Manuel Molares do
Val é completamente absurdo. Con ese comentario o único que está a
facer son referencias machistas que ofenden a calquera muller e que
poden chegar a ferir.
Non
ten sentido ningún falar de que as mulleres que sofren violencia de
xénero son vítimas polo simple feito de que elas queren que así
sexa, senón porque non teñen ningunha maneira de evitar ser
maltratadas. Unhas veces ocorre porque non se dan conta de que son
vítimas de violencia machista, e outras incluso por temor, por medo
a contalo e que as súas parellas, amantes, ou o que sexan, se dean
conta.
Por
desgraza hoxe en día hai un gran número de mulleres que sofren este
tipo de violencia, con agresións físicas e psicolóxicas; o número
de vítimas aumenta cada vez máis, a pesar de que estamos no século
XXI e as cousas xa deberían de ter cambiado.
O
único que demostra Molares nese artigo é a gran mentalidade
machista que ten por dicir que as mulleres son maltratadas porque se
deixan e porque lles dá a gana só por pracer, non ten sentido.
Persoas coma el son a causa de que a sociedade siga pensando igual
que hai cen anos.
Por
iso deberiamos prestar máis atención á cantidade de casos de
violencia de xénero que se producen día tras día e facer algo para
remedialo. As mulleres non merecen ser tratadas dese xeito, porque
son iguais aos homes. Poden facer as mesmas cousas ca os homes e os
homes as mesmas que as mulleres, aínda que por sorte hoxe en día xa
hai moitos casos así.
Calquera
muller que sufra maltrato debería contalo a tempo e sen medo, xa que
ás veces pode ser demasiado tarde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario