'Víctimas
de su sexismo' é o título que o xornalista Manuel Molares lle poñía
a unha artigo que causou bastante polémica.O porqué da polémica
foi como tratou o tema da violencia de xénero.
Na
noticia deixaba a imaxe da muller nun nivel moi baixo, xa que dicía
que nos casos da violencia de xénero a culpa era das mulleres por
permanecer ao lado dos homes.
O
xornalista fai referencia a que as mulleres non fan caso aos
consellos de afastarse dos homes que as maltratan pero que non o fan
porque os 'machos violentos' son máis pracenteiros. Fai
referencia ao primeiro caso de violencia machista en España culpando
a muller de permanecer ao lado do maltratador. El di que ás mulleres
non lles importa que as maltraten porque o que de verdade lles
importa é que o maltratador lles dea pracer sexual.
Segundo
o que conta nun xuízo a sentenza que ditaminada un xuíz ou
xuiza non debería ser en contra do home senón da muller porque se
están entregando voluntariamente a ser asasinadas, ou, como el as
define, son 'yihadistas suicidas'.
Ao
final da noticia fai unha referencia ao deus Zeus que maltrataba as
mulleres estúpidas, chamando a todas as mulleres mortas por causas de
violencia de xénero "estúpidas".
Hoxe
en día estamos nunha sociedade que intenta que as mulleres teñan os
mesmos dereitos que os homes e apoialas sen que pareza que só valen
para estar na casa coidando dos homes e dos fillos. As mulleres hai
que tratalas ben e non abusar delas nin insultalas con noticias como
estas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario