Nun
artigo do Correo Gallego, Manuel Molares do Val redactou a súa
opinión sobre a primeira vítima da violencia doméstica deste ano.
Nese mesmo artigo, o escritor culpa ás vítimas dos abusos de homes,
xa que, dende o seu punto de vista, as mulleres xa saben que os homes
son violentos e que poden violalas.
No
texto utiliza diferentes palabras e expresións para nomear a
mulleres maltratadas, como pode ser “escravas sexuais” ao
“soamente buscar pracer sexual” na súa parella. Tamén
presenta ás mulleres que son vítimas de abusos sexuais ou de
violencia doméstica como “yihadistas suicidas”. Ademais
nomea a Zeus e a cultura grega como fonte para fiarse dos feitos que
este deus representou, como matar a mulleres “estúpidas”.
En
xeral, este artigo critica como as mulleres son supostamente
culpables de todos os abusos e a violencia que reciben e que elas
mesmas deberían ser máis responsables dos seus actos para non
ser violadas ou matadas por unha parella. En cambio, na miña
opinión, a culpa de todo maltrato contra as mulleres e dos culpables
dese mesmo crime. A muller que foi matada ou violada non tivo opción
pero o home que o fixo puido parar un segundo e poñerse no seu lugar
para entender a súa situación e deixaría de facer estas cousas a
dita muller ou mulleres. O artigo suxire que as mulleres sexan máis
cautelosas das súas accións, pero que tal se os homes son mais
empáticos e deixan de violar as mulleres?
Ningún comentario:
Publicar un comentario