Para
pintar ben a mona cómpre ser un mesmo. É dicir, actuar con
naturalidade e simpleza, ademais de engadirlle un chisco de alegría
e intentar rirse un pouco por todo.
Tamén
inflúe moito á hora de pintar ben a mona, se o teu día é alegre e
bo. Tamén cómpre pintar a mona diante da xente para que deste xeito
, vexan como realizas esta arte.
Cando
queira pintar a mona, achéguese, prefiriblemente, aos seus
compañeiros ou amigos e sóltelles un chiste, broma ou burla. Deste
xeito, e se a broma está ben realizada, os seus amigos rirán a
cachón.
Tamén
pode pintar a mona facéndose pasar por ignorante ou mediocre,
dicindo cousas sen lóxica nin sentido.
Outra
forma de pintar a mona, é facerse pasar por bébedo e dicindo cousas
sen sentido de maneira que pareza que leva unhas copas de máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario