Nesta
noticia de Manuel Molares do Val, co título "Víctimas de su sexismo", publicada o 10 de xaneiro no xornal El correo gallego, e que xerou unha grande polémica, está dicindo que as mulleres cunha parella violenta,
se expoñen conscientemente á violencia que esa persoa lle poida
causar.
Recorrendo
ao 1º caso de violencia machista do 2017, unha profesora de
universidade de 40 anos que denunciara a súa exparella de 20 anos
cunha orde de afastamento. Na teoría deste periodísta, esta muller
expúxose voluntariamente a que a puideran asasinar, converténdose
nunha escrava sexual dun asasino, e continuaba a ser a súa parella
polo pracer físico.
O
periodista aclara que as mulleres ignoran os consellos de alonxarse
deses homes violentos, pero non o fan porque os "machos violentos",
como el di, son máis pracenteiros.
Se
seguimos as ideas do periodista, por exemplo, nun xuízo de asasinato
con violencia de xénero, na que un home matou a sua parella, o xuíz
ou xuíza tería que repartir a pena entre o asasino e a vítima, xa
que ela se expuxo a que a asasinaran por abusar do pracer sexual. O
que determinaría que o home non fora ao cárcere por asasinato, e que
a culpa tamén fora da muller.
Na
sociedade actual estase intentando a igualdade entre homes e
mulleres, pero con artigos así nos que di que a muller é unha "yihadista
suicida", a valoración da muller cae en picado. En lugar de dicirlles ás mulleres que teñan coidado con que elixen de parella, xa que
poden sufrir violencia machista, non estaría mal que fora a inversa,
ensinarlles aos homes que as mulleres son iguais que os homes e
hai que respectalas, e non violalas nin pegarlles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario