A
que chamamos paz? Paz é unha situación de estabilidade ou un acordo
entre dous ou máis estados despois de pasar por un período
de guerra e enfrontamentos.
A
situación contra á paz é a guerra, pero, a que chamamos guerra?
Guerra é un enfrontamento entre países. Nesa batalla morre moita
xente, destrúnse moitos edificios e iso dá lugar a unha situación
de gran pobreza e fame. Volver a construír todo de novo é moi
custoso. Unha pregunta moi interesante é por que se produce a
guerra? A guerra prodúcese cando entre dous ou máis países, un
deles quere o poder, entón comeza a guerra e quen quede en pé,
goberna.
A
paz elimina todo o problema anterior que está cheo de odio, rancor e
maldade. O Día da Paz celébrase tódolos 30 de xaneiro. Nos
colexios, celébrase a paz con todos os nenos con diferentes
actividades como, por exemplo, ler frases sobre a paz que nos faga
reflexionar e outras moitas cousas.
O
símbolo da paz é unha pomba cunha ramiña de oliveira no bico. O
significado dese símbolo é a paz, a liberdade, o sentimento, o
cariño...
Ningún comentario:
Publicar un comentario