A
paz non son só as guerras e as mortes; tamén se relaciona cos temas
de racismo, da fame, etc…
Pola
parte do racismo refírome ás desigualdades que sufriron algún día
xa hai tempo os negros en América, ou sen ir tanto tempo atrás, hoxe
en día, por exemplo, seguimos discriminando os negros pola súa cor
de pel e polo país onde viven. Antes en América había fontes de
auga para os negros que habituaban ser mangueiras sucias e fontes para
brancos que adoitaban ser máis luxosas e decoradas, antes tamén
había bancos para brancos e bancos para negros (se os había para os
negros). E hoxe en día discriminamos os negros dicindo que veñen a
España porque teñen fame e porque non teñen traballo no seu país,
e os inmigrantes de cor que conseguen traballo están explotados por esta sociedade de prexuízos e estereotipos.
A
fame no mundo está moi estendida pero non fai falta ir ata os países
do terceiro mundo para ver a xente pasando fame, e logo na Coruña e
no resto de Galicia non hai comedores sociais para a xente
necesitada? E logo non hai sitios de recollida de alimentos en Galicia?
O que quero dicir con todo isto é que a fame, o racismo,
a violencia, etc… non está concentrada soamente nos países do
terceiro mundo, tamén está estendida no sitio onde ti vives, por iso todas as persoas do mundo debemos estar unidas para que todos
estes problemas non ocorran en ninguna parte do mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario