Todo comezara a
noite anterior á do Día de Defuntos. Xoán, Miguel, Sara e eu estabamos a facer os plans
para a noite do día seguinte,cando, de súpeto, chegou Raúl, e entrou pola porta
cun estraño libro na man .
O libro era de
cor marrón e notábase que era antigo.
-Raúl! Xa
pensabamos que non ías vir – dixo Sara algo molesta -.
-Perdoa, é que
estaba na casa e subín ao trasteiro a por unhas cousas para a miña nai e
encontreime con este estraño libro.
-E de que trata?-
preguntou Miguel con curiosidade-.
-É un libro de
maxia- respondeu Raúl-.
-Ha, ha, ha, non
me fagas rir- dixo Xoán,quen sempre pasaba de todo -.Esas cousas non son
certas,son tan só caralladas para meterlle medo aos cativos.
-Pois eu creo que
funciona.
-Boh,non digas
parvadas! Xa es maiorciño pra crer nesas cousas.
-Pois mañá na
noite de defuntos probamos, xa verás como funciona!
-Trato feito, xa
estou impaciente por verte mañá facendo o ridículo.
-Por
favor, rapaces, parade de pelexar!-gritou Sara-.
-Sara ten razón
-dixen eu- parecedes rapaces pequenos.
-Bueh, eu teño
que marchar vémonos mañá á noite.
-De acordo, Xoán.
Quedamos ás doce da noite na igrexa abandonada que hai ás aforas.
-Vale, vémonos
mañá entón.
-Nós tamén
marchamos. Abur!
-Chao!
A noite de defuntos chegou rapidamente.
Eu marchei da
casa ás once e media para non chegar tarde.Os meus amigos xa estaban alí, e no
medio da igrexa había unha pintada xigantesca.
-A ver, empeza xa a
facer ``maxia´´ que me quero rir un cacho.
-De
acordo, comezarei, pero non creo que te rías despois.
Raúl comezou a
ler un texto noutro idioma, e de repente, do medio do círculo que había no chan
da igrexa empezou a aparecer un fume e apareceu un ser estraño que viña cara
nós.
Nos asustámonos e
empezamos a berrar.
Todo pasou moi
rápido, os meus amigos e eu escondémonos nun armario que había alí. O ser púxose
en fronte do armario, parado, buscándonos coa mirada, nós oïamos a súa respiración
e rezabamos para que non nos oíse. De repente, démonos conta de que Raúl non
estaba alí.
Abrimos un pouco
a porta do armario e vimos que Raúl estaba emborronando a pintada do chan, e
cando a pintada quedou destrozada, aquel estraño ser desapareceu pegando un
berro. Saímos do armario e fomos xunto de Raúl, abrazámolo,queimamos o libro e
marchamos para a casa.
Non pensabamos que pasaría algo así,pero desde logo,
ninguén se riu ese día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario