xoves, 7 de marzo de 2013

Unha estrela no vento de Ledicia Costas

Miguel ía ao instituto e despois acostumaba ir a un bar chamado a Lagoa. Unha vez que marchou do bar, déronlle unha malleira e ferírono, polo que tivo que ser hospitalizado. Mentres, na casa, seu pai marchou e a nai tivo que facerse cargo de Abel porque os seus pais morreran nun accidente. Na Lagoa coñeceu a unha rapaza chamada Reina que era de etnia xitana. Miguel e os seus amigos ordenaron unha pelexa para o domingo ás oito da noite nun lugar perigoso. Miguel non puidera participar porque estaba aínda doente do outro día e el non quería levar a Abel porque estaba en cadeira de rodas. Ao final levouno, empuxárono ao barranco e morreu. Miguel sentíase culpable de que morrese Abel xa que só quería que el non participase na pelexa. Encantoume este libro porque trata temas sobre adolescencia que están moi presentes na nosa vida.

Jessica Pose Rodríguez (3º ESO)

Tristes armas de Marina Mayoral

Harmonía e Rosa eran dúas nenas que estaban no orfanato mentres que seus pais loitaban na guerra. Para estar a salvo as nenas marcharon nun barco para Rusia tardaron quince días en chegar antes de embarcar a nai non puido despedirse das nenas. Elas mentres que estaban en Rusia escribironlle unha carta.Miguel o seu pai morreu na guerra despois a nai casou cun americano.Os anos pasan e as nenas seguen en Rusia,Rosa quere ser bailarina e aceptada na escola Bolshoi. Rosa chegou a ser unha bailarina famosa e admirada por todo mundo.Harmonía dedicouse como María do Mar ao coidado dos nenos orfos e refuxiados da guerra.Exerceu ese labor ata que casou con León que fixera unha brillante carreira. O que nunca puideron facer Harmonía e Rosa foi reunirse con súa nai.Os esforzos de Carmiña para que a deixasen entrar en Rusia foron inútiles. Rosa facía xiras polo estranxeiro así puido ver a súa nai. Harmonía soamente por carta ou por teléfono con súa nai. Harmonía tivo tres fillos e Rosa adoptara dous cando pasou a profesora de baile. Despois de cincuenta anos emprenderon o camiño a Galicia volveron a casa de seus pais. Un día o neto do antigo xefe de Correos entregou a carta que elas escribiran de nenas a seus pais que nunca chegou a destino. Gustoume porque é un libro moi emotivo.

Jessica Pose Rodríguez (3º ESO)

A historia do home can de Pepe Carballude

Faustino Santos era un ex notario ao que lle tocara a lotería. Converteuse nun can por querer recobrar a eterna xuventude xa que tomou un frasco que lle mandou Kechú, un amigo indio. El con toda a présa non leu o papel que lle advertía que non o podía mesturar con alcol, que había contraindicacións. Por querer ser xove converteuse nun can. Despois de varias aventuras, ninguén confiaba nel. Ata mesmo foi á cidade pero pasou o mesmo. A noite de San Xoán recuperou o seu aspecto humano e volveu para a casa para celebrar coa súa muller o seu aniversario de voda. Gustoume pero é un pouco surrealista.
Jessica Pose Rodríguez (3º ESO)

sábado, 16 de febreiro de 2013

Tonecho de Rebordechao de Breogán Riveiro

Tonecho é un neno nado na cidade e ten que trasladarse a Rebordechao, unha pequena aldea perdida para vivir cos avós unha vida sen os seus pais. Asiste á escola unitaria con Kevin, un neno dous meses menor ca el. Os dous están namorados de Sabela,a mestra, polo que a súa desilusión é grande cando lle dixo que tiña mozo desde había anos. A tranquilidade de Tonecho altérase o día que descobre un misterioso cuarto con manchas de sangue na casa dos carros. Nela habitou o Home do Unto. Ía de paseo co seu can Langrán e viu un lobo. Caéulle o bocadillo e ao collelo non viu que estaba cheo de cogomelos velenosos. Por iso,tivo que ser hospitalizado. Encantoume porque o que se narra é moi cotidiano.

Jessica Pose Rodríguez (3º ESO)

xoves, 17 de xaneiro de 2013

Trece anos de Branca de Agustín Fernández Paz

Acababan de diagnosticarlle unha hepatite a Branca, polo cal non podería ir Á escola durante seis semanas. Polo seu cumpreanos a súa amiga regaláralle un álbum de fotos en branco. Como estba soa na casa debido á súa enfermidade, foino cubrindo con fotos da súa vida. A primeira que pon é a da dracaena, unha planta á que lle colleu moito cariño. Tamén pon a súa preferida daquel verán que pasaron coa avoa, cada vez que a miraba aínda se lembraba do recendo dos marmelos. Quería poñer unha foto de Lois, o seu namorado, pero non se atreveu debido a bronca que lle botaría súa nai. Lois enterouse da enfermidade de Branca, e mandoulle unha carta polo seu irmán pequeno Daniel. Tamén pon aquela foto na que aparece recollendo o premio do concurso literario de Mondoñedo, no que participou gracias a Xabier. Logo pon aqueloutra na que aparece Lois, pero acompañado pola súa amiga Raquel. Acórdase con isto daquela tarde que pasaron no pombal os tres xuntos. Branca estaba moi nerviosa o día do consello escolar, xa que ían a tratar a expulsión de Lois. E entón chegou Raquel, e díxolle que expulsaran a Lois durante todo o curso. Como xa se atopaba mellor, Branca foi falar con Lois sobre o asunto. Lois explicoulle que todo era unha trampa, porque a víbora lle tiña manía por ser repetidor. Branca creuno e deulle unha aperta amosando así a súa compaixón. Lucía Gagino (1º ESO)

Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas

Balbino é un rapaz de aldea moi pobre. Gustáballe escribir no seu caderno por que se sentía moi ben cando o facía. Unha das súas memorias é cando se escapou ao río a descansar e quedouse dormido. Pero a Balbino gustáballe moito ir ás festas, mágoa que estaba de loito pola morte do seu tío Braulio. Balbino pensaba que era unha tortura, porque o tío Braulio xa había 3 anos que morrera. Polas festas escapouse da casa para correr atrás dos foguetes coma os outro nenos e foi dar a casa do xudío. Despois dunha charla co xudío volveu para a casa. Fálanos tamén do seu can Pachín que morreu cando caeu na trampa que lle puxeran ao raposo. El enterrouno na súa horta e non lle daba vergoña chorar por el. Xa que non podía ir ás festas, ía ao rebusque o día seguinte a ver se atopaba algo. Este día atopou unha caixiña moi fermosa pero a chuvia acabou con ela. Tamén nos conta que era moi aplicado nos estudos, e ata se chegou a namorar da mestra Eladia, pero ela xa tiña mozo. Cóntanos a morte do seu padriño, e tamén o boa persoa que era. Balbino estivo a piques de afogar no río, pero grazas ao seu posteriormente amigo non afogou, pero logo de facerse amigos, o pobre de Lelo tivo que marchar. Dinos tamén que foi sancristán e que lle gustaba moito selo, xa que a xente o vía cun aire superior. Ao final, Balbino arreóulle unha pedrada a Manolito, e tivo que marchar a servir. Pero el seguía feliz xa que lle chegara unha carta do seu amigo Lelo dende as Américas. Gustoume moito este libro e recoméndollo a calquera persoa. Lucía Gagino (1º ESO)

sábado, 8 de decembro de 2012

As lágrimas de Shiva de César Mallorquí

A nai de Xavier un día dille que no verán ten que ir cos seus tíos a Santander e seu irmá Luís quedaría co seu tío Esteban, porque seu pai estaba moi enfermo de tuberculose. Xavier non coñece a seus tíos nin a súas primas pero finalmente sentiuse moi a gusto na Vila Candelaría, durante a súa estancia nela, xa que para el foron as súas mellores vacacións. Durante a súa estancia na casa de seus tíos, descubriu quen era Beatriz Ordóñez, unha pantasma que paseaba por aquela casa e a que todos tiñan por unha ladroa das lágrimas de Shiva. El ao principio non se levaba moi ben coa súa prima Violeta pero eran os únicos que sentían aquel olor a nardos o cal lle permitiu sentir alguén máis naquela casa. Xavier e Violeta xuntos descubriron quen roubara aquel colar. Xuntos van á casa de Amalia e cóntalle toda a verdade, que Beatriz Ordóñez lle dera as lágrimas de Shiva a ela para que llas devolverá aos Mendoza, pero como ela lle tiña moito rancor aos país de Beatriz escondeu as lágrimas de Shiva e por iso acusaban a Beatriz de vendelas e marchar co capitán de Savanna. Amalia deulle as lágrimas de Shiva a Xavier e agradecéronllo moito. Xavier e Violeta durante este verán e tras tantas aventuras acabarónse namorando. Opinión persoal: Gustoume moito porque é de misterio e ata o final non o revelan. Tamara Sánchez Añón (4º B ESO)