xoves, 23 de maio de 2019

O club da calceta de María Reimóndez, recensión de Cristina Souto (4º ESO A)

Matilde, Anxos, Luz, Rebeca, Elvira e Fernanda, cada unha teñen os seus problemas, únense a un club de calceta onde se acaban facendo grandes amigas e acaban encontrando solución aos seus problemas, terminando por fundar empresas propias co apoio das demais.

Pero un día os homes que lle causaban problemas morren e pensan que elas as asesinaron. Matilde, que sempre tivo problemas debido máis grande do normal, monta a súa tenda de las, “Á túa medida”, na que tamén remata vendendo esculturas similares ás que facía a súa tía Davinia que foi asasinada.

Anxos, unha feminista da Universidade, deixa a seu mozo Damián, queda sen casa e vai vivir con Elvira, e planifica crear unha revista de investigación femenina.

Luz, que era prostituta desde que súa nai a introducira no negocio, e Rebeca, que ten un mozo que a engana coa súa xefa, fundan unha empresa de asesoramento empresarial para mulleres na que as axuda tamén Anxos. Luz deixa a prostitución e vai vivir con Elvira e Anxos cando as súas antigas compañeiras lle pegan porque pensan que segue no negocio por si soa. Rebeca acábase independizando e namórase de Laura, que era unha asistenta social que axudou a Luz.

Elvira faise monxa e queda embarazada do párroco e despois ten que abortar, ao final acaba roubando a virxe da igrexa e escapando.

A Fernanda, fáltalle unha perna pero sempre tivo o apoio de seu home, cumpre o seu soño de facerse condutora de autobuses.

No libro morren o pai Serafín, Xosé Barroso, (o entrevistador de ofertas de traballo), o condutor de autobuses (que paraba o autobús lonxe da parada para que así tiveran que andar máis).

Paréceme un libro moi bo xa que me gustan moito as historias de cada unha das personaxes, e como acaba cada unha.

martes, 21 de maio de 2019

A cabeza da medusa de Marilar Aleixandre, recensión de Brais Martínez Lema (4º ESO B)

A escritora, Marilar Aleixandre, trata neste libro un tema moi actual como é o das violacións.
Nel, dúas rapazas de segundo de Bacharelato son violadas una noite despois da festa de disfraces. Tras a violación, o colexio enteiro busca axudalas intentando que o suceso pase desapercibido, mais a denuncia das rapazas fai que saian artigos nos xornais, e prodúcense algún sucesos como os de pintadas chamándoas putas no instituto. Durante as investigación, o pai do culpable intenta comprar o silencio da violada para salvar o fillo, declarado xa culpable polas numerosas probas.
A autora trata o tema da violación, e consegue captar o lector dende o primeiro momento dando moitos datos dos sucesos. Fala do proceso da violación, da vida das rapazas despois do suceso, pero tamén fala da forma en que a xente adiñeirada ten máis facilidade para salvarse dos delitos, a base de sobornos.

luns, 20 de maio de 2019

Recensión de Persépole de Marjane Satrapi, Sara Rivera (4º ESO B)


Persépole é un cómic autobiográfico sobre a escritora franco-iraní Marjane Satrapi. Esta historia conta desde o punto de vista infantil dunha nena de dez años, a súa vida durante o réxime fundamentalista islámico.

Con esta obra, a autora conseguiu demostrar que tan só un comic pode reflexar os momentos máis duros da historia. Mentres que o cómic estadounidense de superheroes se creou con fins comerciais, este ten un transfondo social que reivindica a liberdade na cultura islamista.

Este relato, contén denuncias contra a intolerancia, o machismo, o fanatismo relixioso e a represión. Todo isto explicado por unha nena. Co seu estilo tan característico, Marjane consegue transmitir moitas sensacións que nos levan a pensar sobre o difícil que pode ser vivir nalgunhas culturas.

venres, 17 de maio de 2019

Fariña de Nacho Carretero, recensión de Álex Urquiza (4º ESO A)

A historia transcorre na zona da Arousa dividida en varios clans: A Ros liderado por Sito, Os Charlíns por Manolo, Os Oubiña por Laureano e por ultimo Terito. Empezaron vendendo tabaco pero a ambición puido con eles e empezaron coa cocaína. Chegaron a postos de altos cargos, todo corrupto, ninguen os podía parar, pero chega un momento onde chivatos falan deles e xuíces madrileños poñen mans na masa. 
Este libro gustoume moito porque explica como sucedeu todo na Galicia do século anterior, como chegaba a droga ás costas galegas e como se perdeu unha xeración enteira. Unha vez que empezas a lelo non podes parar. 

A esmorga de Eduardo Blanco Amor, recensión de María Paz (4º ESO B)

coma quen vai fechando portas tras de si e guindando coas chaves…”

Eduardo Blanco Amor narra nunha das obras cumes da literatura galega de todos os tempos a historia de tres personaxes marxinais que emprenden unha viaxe de vinte catro horas polos suburbios de Auria. O alcohol e a choiva levan os tres protagonistas, o Bocas, o Milhomes e o Castizo, a andar cara un final de autodestrución que terá o seu punto culminante nun vertedoiro. O Castizo, único supervivente á "esmorga" narra os acontecementos das vinte e catro horas, entre eles, violacións, asasinatos e incendios ante un xuíz.
A Esmorga é un libro que non deixa indiferente a ninguén, a súa trama e o xeito de narrala fan que dende o comezo o lector quede prendido ao libro e sinta a historia como súa. A Esmorga é a mestura perfecta entre escenas que conseguen poñerche os pelos de punta, crítica social e uns personaxes que cobran vida dende a primeira liña e que espertan sensacións moi intensas no lector.


domingo, 12 de maio de 2019

Ollos de auga de Domingo Villar, recensión de Javier Varela (4º ESO)

 Este libro gustoume porque é un libro de misterio dos que dá para pensar e que non perde emoción segundo o vas lendo. Ademais tamén ten puntos de humor moi divertidos. O libro trata sobre un inspector de policía chamado Leo Caldas que traballa cun axente chamado Rafael Estevez. 
A historia transcorre en Vigo; un saxofonista chamado Luis Reigosa aparece asasinado na súa cama atado cunha tea o 12 de Maio. As pistas apuntan a Dimas Zuriaga, un doutor que é o que ten acceso ao formol. Na investigación descobren que o morto era gai e acoden a un pub de ambiente homosexual. Alí quedan cun picadiscos chamado Oreates Rial pero atopano morto no seu apartamento cunha bala na cabeza. Despois encontran no seu ordenador fotos de Zuriaga e Reigosa e deducen que Orestes chantaxeaba o doutor con difundir as imaxes. A investigación apunta a que Zuriaga é o culpable pero despois Caldas dáse conta de que algo non encaixa.

xoves, 9 de maio de 2019

Poesía Galega de Posguerra

Aquí vos deixo ao alumando de 4º da ESO esta completa e elaborada presentación sobre a Poesía Galega de Posguerra coa que estamos traballando estas semanas. Espero que vos sexa útil para completar as explicacións e o comentado nas clases.