martes, 7 de xaneiro de 2014

A que sabe a amizade? por Jessica Pose (4º A)

A ventá sen casa
A vento do sur
A son do trono
A planta vexetariana
A zume de laranxa
A pintalabios nos labios
A habitación chea
A marea baixa
A sol quentado
A uñas pintadas
A tempo ganado

xoves, 2 de xaneiro de 2014

A que sabe a amizade? por Mateo Lema Collazo (4º ESO)



A  UNHA  TORMENTA.
A  CIMA DUNHA MONTAÑA.
A UN ESTANTE CHEO DE LIBROS.
A UN MENSAXE DE WHATSAPP.
A UN CHUPITO DE WHISKY.
A UN PARTIDO DE FÚTBOL.
AO CAUDAL DUN RÍO.
A  VENTO QUENTE.
A UN MAPA CON MOITOS PUNTOS DE INTERESE.
A UNHA NOVELA GÓTICA.
A UNHA ORACIÓN COMPOSTA.
A UN MUNDO SEN GUERRA.
AO SOL E Á LÚA.

mércores, 1 de xaneiro de 2014

A que sabe a amizade? por Alba Villar López (4º A)

A algodón de azucre
Ao cantar dos páxaros
A días de verán
Ao primeiro día de escola
A un xeado nun día de sol
A música nun día de festa
Ao son do mar
A primeira luz do día
A chocolate quente en días de inverno
A lúa chea
A películas cun bonito final
Ao rencontro
A días calmos
A nome con apelido
A correr descalzo pola area da praia
A neve
A doces de mel

A pedra do seixo de María Canosa

Esta é a historia dunha nena, á que a súa madriña lle regala polo seu aniversario unha bola de cristal.
Ela e os seus amigos pensan que é de mentira pero un día ela pon as súas mans encima da bola e comezan a pasar cousas raras.
A súa amiga Berta elévase do chan e empeza a falar con voz de home. Falaba dun home que cometeu un roubo e botárono no cárcere, agora el quere suicidarse cunha pistola que un amigo lle vai levar ao cárcere. Os rapaces foron alí e contáronlle á policía o que ía pasar e así evitaron a morte do home.
Outro día volveron a coller a bola e tocoulle a os mellizos Uxía e Hadrián. Comezaron a suar e de momento non pasou nada máis pero ao día seguinte dixeron que lles pasaran cousas moi raras, falaban ao mesmo tempo, se un levaba un golpe doíalle ao outro…
O terceiro día tocoulle a Lidia, unha voz que saía da bola falaba con ela e dicíalle que era o seu irmán Liño que morrera había moitos anos. Díxolle que no caixón da súa mesiña de noite había unha pedra de seixo e que a próxima vez que volvera a levara para xunto a bola que quería vela. Asía fíxoo, púxoa encima da bola e ao dereito viu a cara do seu irmán. Tamén lle dixo que cando quixera contactar con el tiña que levar a pedra ás doce do mediodía a ‘’Rocha do tesouro’’ o día dezasete de xuño de cada ano porque era o día do seu aniversario.
Agora a nena decide que vai gardar a bola de cristal na súa caixa para sempre, e Berta vai levar sempre pendurada do pescozo a pedra de seixo que a une ao seu irmán.

Iván Mira (1º A)

A que sabe a amizade por Alicia Caamaño (4º A)

Distintos tipos de amizade,
que non a todos lles saben da mesma maneira.

As vellas amizades,
saben doces, a algodón de azucre, a mel
a un tesouro...
a un libro novo,
un sabor agradábel, acaramelado
a aproveitar o tempo,
a confianza,
a gargalladas que te deixan sen alento.

Amizades confidentes,
saben a litros e litros de xarope de chocolate
a noites de sábado,
a segredos,
a miradas comprensivas,
a silencios cómodos
a bágoas salgadas.

Amizades especiais,
que rematan sendo algo máis que amizade,
saben a beizos húmidos e prohibidos
mellor que calquera droga,
a cóxegas, a aloumiños,
a éxtase, a calafríos.

Falsas amizades,
un sabor amargo, de decepción,
a zume de limón, a leite cortado
a vento e tormenta, a duchas en auga fría
a grans de café, a dor e sufrimento.

Fina Casalderrey por Diego Moreira

Xosefa Casalderrey Fraga naceu en Xeve, Pontevedra, no 1951.

Estudou maxisterio e, desde os 19 anos, exerce a profesión de mestra.

Foi entón cando se iniciou na creación literaria como autora e directora de varias

pezas teatrais.

O seu amor pola investigación etnográfica levouna a participar en concursos

promovidos pola Xunta de Galicia.

Publicou con Mariano García “O libro da empanada”, “ Festas gastronómicas de

Galicia” e “Repostería en Galicia”, todos libros de investigación.

Colabora en diversos eventos literarios e xornalísticos.

En 1991, publicou o seu primeiro libro: “Mutacións xenéticas”.

Recibiu numerosos premios como o Premio Nacional de literatura Infantil e

Xuvenil de 1996 e O Barco de Vapor de 1994 polo libro “O misterio dos fillos de

Lúa”.

O 22 de novembro do2013 ingresou como académica numeraria da Real

Academia Galega(RAG).

O libro “O misterio do cemiterio vello”, pertence ao xénero literario da narrativa.

Este libro gustoume moito porque me facía graza algunhas das cousas que

contaba.

O tempo das palabras en voz baixa de Anne-Lise Grobéty

Benxamín e máis Óscar eran moi bos amigos, axudábanse e compartíano todo. Igual que o facían seus pais, Heinzi e máis Antón.
Estes eran amigos dende sempre, fixeran mil e unha trasnadas, e agora compartían o gusto pola poesía. Ademais gustáballes rir e falar sentados na mesa do xardín, entre as maceiras, preto das colmeas. Nada ameazaba as súas vidas, ata que comezou o tempo das palabras en voz baixa.
Algúns comezaron a falar con voz máis alta, e a dicir cousas que os nenos non querían oír. Pola contra os seus pais foron dos que comezaron a falar en voz máis baixa, a eles non lles gustaba o que estaba acontecendo.
Todo comezara a cambiar, a maneira de saudarse, pero sobre todo a intensidade das voces. Tamén había moitos desfiles con bandeiras.
Un día todo quedou patas arriba, o mestre berroulle a Óscar que recollese as súas cousas e fora para o fondo da clase. Óscar non sabía que fixera mal.
Tras uns meses o pai de Óscar tivo que deixar o seu traballo e máis tarde, Óscar tamén tivo que deixar a escola e o equipo de fútbol no medio de insultos, todo por ser un xudeu.
Óscar e o seu pai deixaron de ir a casa de Benxamín.
Unha mañá antes de saír o sol, Benxamín escoita, agachado detrás das colmeas, como Antón lle di ao seu pai, que teñen que deixar de ser amigos, xa que Heinzi non pode poñer en risco a vida da súa familia pola súa amizade. Pero Heinzi dille que qué clase de amigo sería se non o axudase.
Despois de moito falaren, Antón dille que se a pesar de todo se decide a axudalos, terá que ir esa mesma noite á súa casa, apenas se poña o sol.
En canto cae a noite, Heinzi presentouse na casa do seu amigo, pero xa non había ninguén, só un resplandor dunha candea por debaixo da porta do comedor. Ao pé da candea, había unha carta na que o seu amigo de toda a vida se despedía del, e lle deixaba ao seu cargo e en nome da súa amizade, o seu ben máis prezado, a súa filla pequena Anaïs. Pois sabía que el ía ser un bo pai para ela.
As dúas familias non volveron verse máis, alguén lles dixo que os seus amigos foran apresados e levados ao bosque.
Meses máis tarde, foron eles os que tiveron que marchar exiliados por culpa dos rusos. Pero Anaïs foi para eles a encarnación da palabra esperanza.



Opinión persoal: Gustoume este libro, aínda que me pareceu un pouco triste. Pero describe moi ben como os prexuízos dunha soa persoa poden levar a destrución dun pobo.

Diego Moreira (2º B)