Xosefa Casalderrey Fraga naceu en Xeve, Pontevedra, no 1951.
Estudou maxisterio e, desde os 19 anos, exerce a profesión de mestra.
Foi entón cando se iniciou na creación literaria como autora e directora de varias
pezas teatrais.
O seu amor pola investigación etnográfica levouna a participar en concursos
promovidos pola Xunta de Galicia.
Publicou con Mariano García “O libro da empanada”, “ Festas gastronómicas de
Galicia” e “Repostería en Galicia”, todos libros de investigación.
Colabora en diversos eventos literarios e xornalísticos.
En 1991, publicou o seu primeiro libro: “Mutacións xenéticas”.
Recibiu numerosos premios como o Premio Nacional de literatura Infantil e
Xuvenil de 1996 e O Barco de Vapor de 1994 polo libro “O misterio dos fillos de
Lúa”.
O 22 de novembro do2013 ingresou como académica numeraria da Real
Academia Galega(RAG).
O libro “O misterio do cemiterio vello”, pertence ao xénero literario da narrativa.
Este libro gustoume moito porque me facía graza algunhas das cousas que
contaba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario