martes, 12 de xuño de 2012

Conta Saldada de Suso de Toro

Catuxa é unha rapaza de 17 anos, á que lle morreu o pai supostamente por un suicidio. Esta, de vez en cando, visita a xestoría do seu pai. Nunha das súas visitas aparéceselle o seu defunto pai. Ven despedirse dela, ademais de confesarlle que ten un irmán do que a nai non sabe nada, e pediulle que lle entregara un talón de cartos. Despois, desvélalle un feito impactante: que el non se suicidou, senón que o mataron uns clientes por investir os seus cartos sen consentimento deles.
Catuxa decide ir buscar ao seu suposto irmán, Xermán. Ela chantaxéao para que lle axude a vingar a morte do seu pai. Pero este cóntalle que el só foi utilizado para quitarlle os cartos a seu pai, pero para saíren de dúbidas deciden facerse unha proba de sangue.
Un día Xermán devolveulle a bici que lle roubaran a Catuxa no barrio onde vive el, e deciden ir á Ría de Arousa na busca dos asasinos de seu pai.
Catuxa diríxese ao restaurante do Cotelo cunha escopeta e ameázao, este leva a unha mansión onde el lle dá un golpe e o deixa inconsciente. Carmucha, a muller do Cabuxo, mátao cun fouciño eo Cotelo, morre por un disparo de Xermán. De volta á vila, volven á xestoria e mentres eles están dentro entra Castiñeiras, outro cómplice do asesinato, que morreu electrocutado por querer encender a luz.
Ao terminar coa vinganza do seu pai Catuxa entrégalle o seu prometido a Xermán, o talón de cinco millóns de pesetas. Tras estes sucesos na vida de Catuxa e ao saber que Xermán non é seu irmán, comezan a mirarse con outros ollos.
O libro gustoume porque vai sobre un xestor asasinado que e vingado pola súa filla Catuxa, xunto cun rapaz que o final se acaban namorando.
Tamara Sánchez Añón (4º ESO)

xoves, 17 de maio de 2012

Unha reflexión actual sobre a nosa lingua

No Día das Letras Galegas, déixovos aquí unhas interesantes reflexións sobre o presente e futuro da lingua galega. E vós, que pensades?

martes, 1 de maio de 2012

Valentín Paz Andrade, un empresario comprometido coa nosa terra

Aquí tedes un telexornal elaborado por alumnado e profesorado do CPI dos Dices sobre a figura do homenaxeado o Día das Letras Galegas 2012, Valentín Paz Andrade.



Para saber algo máis da figura do avogado pontevedrés podedes ver os seguintes videos:



domingo, 18 de marzo de 2012

Chamádeme Simbad de Francisco Castro


Esta é a historia dun rapaz de 10 anos,chamado Paulo. Paulo vive cos seus pais e mais co seu avó. O seu avó está enfermo de alzhémeir e hai veces que non recoñece á súa familia. O seu pai é un home moi traballador que sempre está pendente do teléfono móbil e non lle presta atención á súa familia. Paulo sempre está a xogar co seu avó a que el é Simbad e o seu avó é o capitán dos sete mares. Todo ía coma sempre ata que un domingo pola mañá se espertan e o seu avó non está na casa. Despois de varios meses o seu avó aínda non aparecera polo cal a policía renunciou súa á busqueda. Pero un día Paulo recibe unha carta do seu avó que contiña unha chave pequeniña e lle dicía que el se atopaba na taberna do pirata.Cando lle pregunta aos seus pais pola taberna eles non lle contestan e póñense moi nerviosos polo cal Paulo decide facer a búsqueda pola súa conta. Decidiu empezar por buscar no cuarto do avó e alí atoupou,detrás dun libro de Simbad ,fotos do seu avó e mais algunhas cartas referidas Bernardino, o irmán do seu avó.Tamén atopou unha tarxeta coa dirección da taberna do pirata.Entón el decide ir buscar ao seu avó. Cando chega a taberna atópase co seu avó e pouco despois chegan os seus pais e foi alí onde o seu avó lle explicou que fuxira da casa porque o querían internar nunha residencia para persoas maiores e el non podía soportar a idea de vivir lonxe do seu neto Paulo. Ó final deciden que o avó pasara o día nun Centro de Día e pola noite volvería a casa para estar co seu neto.

Amdrea Mourelle Blanco (3º A)

martes, 28 de febreiro de 2012

"As mazás casamenteiras", unha curtametraxe sobre un conto de Séchu Sende

O venres 24 de febreiro, no 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, estrearon en Espazo Cinema As mazás casamenteiras, última produción cinematográfica de Édelingua, a produtora de audiovisuais do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón de Sada.

A curtametraxe está baseada nun texto de Séchu Sende. Está protagonizada por Alejandra e Miguel, de primeiro de ESO, e por Anna e Lucía, de 4º de ESO. Javier González Garrido (Genetic films), de 2º de Bacharelato, gravou, dirixiu e montou este filme no que a casualidade e o feito de valorar a esencia das cousas e non a súa aparencia provocan o encontro de dúas persoas moi especiais, un mozo e unha moza moi tenros, amantes da lectura e tamén das mazás do país, as máis saborosas, aínda que non teñan boa "pinta".



Xa que estades a ler Made in Galiza, os alumnos de 4º podedes ver aquí outra curtametraxe baseada nun relato deste libro: