martes, 4 de xuño de 2019

A banda sen futuro de Marilar Aleixandre, Nerea Torrado Lema (2º ESO)


Esta novela está protagonizada por Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que vai contando a través do seu diario as súas experiencias e emocións longo de dous meses.  Coñecemos o seu malestar ó se ter que afacer a unha cidade nova e ó comezo do curso escolar nun instituto novo. Ademais Carlota le unha noticia no xornal mala: a morte de Poch, o cantante de grupos como Derribos Arias A banda sen futuro, ó que Carlota admiraba. Recorta a foto do xornal e suxéitaa con chatolas no taboleiro do seu cuarto e dende ese momento o cantante convértese no confidente dos seus pensamentos máis íntimos e das súas preocupacións e tamén no seu interlocutor. O malestar de Carlota é o seu aspecto físico, xa que por culpa dun eccema tivo que rapar o cabelo e ten que se enfrontar ós seus novos compañeiros cun pano na cabeza. Culpa ós seus pais por obrigala a asistir ás clases e teme enfrontarse ás olladas e ás preguntas indiscretas. Nestes primeiros días Carlota pásao moi mal, sobre todo nos recreos, e non se relaciona con ninguén. Sente un furado na súa alma polo que entra en desacougo, medo ós demais e terror ós espellos. Ata que un día na clase de inglés un dos seus compañeiros, Miguel, deféndea dun insulto doutro rapaz e a partir de entón fíxase nel e comeza a sentir algo especial aínda que non queira recoñecelo, xa que considera que ningún rapaz se vai fixar nela mentres estea pelada. Ó longo dos días Carlota vaise integrando cos seus compañeiros, xa que todos deben unirse para solucionar un problema coa profesora de debuxo por mor dun exame e para preparar unha obra de teatro para a clase de lingua española na que Carlota consegue ter un papel. A preparación do papel ocasiona que Carlota se mergulle en si mesma e mesmo consegue achegarse máis a Miguel.  Carlota séntese namorada aínda que tamén comeza a coñecer a Moncho, descubrindo que comparten algunhas afeccións e que poden falar de temas como o do futuro. Axiña descobre que a súa única amiga, Paulina, está a saír con Miguel e daquela séntese morrer. Pero o apoio de Moncho e a noticia de que a súa avoa está moi enferma fan que cambie de actitude, decatándose de que o do seu cabelo é das cousas que o tempo arranxa mentres que co da avoa o tempo traballa en contra e debe aproveitar os momentos que lle quedan con ela. Finalmente Moncho declárase e todo muda de súpeto para Carlota: ten a Moncho, comeza a ter amigos e por fin acabou o seu pesadelo, as análises están ben e xa pode deixar medrar o cabelo.
A min este libro gustoume porque e moi entretenido e ensina cousas da vida que fai falta saber.

Ningún comentario:

Publicar un comentario