martes, 9 de abril de 2019

Vivir no campo é tan bo, Helena Stümpel (2 º ESO)

Neste texto quero convencervos do bo que é vivir no campo e desfrutar do aire fresco, de poder deitarse baixo a ampla sombra dunha árbore no verán e desfrutar dos primeiros raios do sol en primavera, vendo espertar as plantas e os animais do frío sono invernal.

Non digo que na cidade non haxa cousas boas, un ten o supermercado ao lado, miles de tendas de roupa, cafés e bares nos que quedar cos amigos e compartir risas, soños, anécdotas, preocupacións...

Aínda asi, digo, por propia esperiencia que no campo podes pasalo moito mellor que pechado nun piso respirando diariamente os fumes dos coches. Nin indo a un parque un se pode librar da cidade. No campo un nunca pode aburrirse, nin anciáns, nin adultos, nin mozos, nin mozas. Pero iso sempre, como en calquera lugar se se sabe desfrutar da vida, serás feliz no campo. Se es desas persoas que se pecha na habitación diante da tele ou mirando o móbil, sen fixarse ao seu arredor, quizá só para sacarse unha autofoto para o instagram, importa ben pouco que esteas na mesma selva africana ou onde te encontres.

Por iso, todos os que tedes a gran sorte de vivir na natureza, abride ben os ollos e observade os gran milagres que é capaz de facer. Ata as máis simples formigas resultan ser uns seres dos máis curiosos. Deixádevos levar pola nosa madre terra que todos nós os "poderosos" homo sapiens tamén somos animais. Por último, teño que insistir, os campesiños non somos vulgares nin incultos polo simple feito de selo!
 
Helena Stümpel

Ningún comentario:

Publicar un comentario