Neste
texto argumentativo falarei sobre algo que xa case é habitual no
deporte, sobre todo no fútbol.
O
fútbol é un do deportes máis importates. Ver un partido de fútbol
é para desfrutar non para insultar e pegar a xente do equipo rival,
aos xogadores... A min iso non me gusta, creo que a ninguén lle gusta
ver ese tipo de imaxes.
A
semana pasada houbo dúas noticias sobre a violencia no fútbol. Nun
partido no cal se enfrontaba o Laxe contra o Buño un afeccionado do
Buño dicíalle aos seus xogadores que lle "agarraran das tetas" a unha
xogadora do Laxe. Iso non me parece normal e, ademais, é machismo.
Algo semellante ocorreu na Coruña cando o Calasanz se enfrontaba
contra un equipo. O árbitro desmaiouse e chamaron unha
ambulancia. Cando chegou o médico foi correndo e tirou a unha
rapaza, el interesouse por ela, pero o pai da meniña insultouno e
pegoulle ao médico.
Hai
outro tema no deporte, o machismo, o cal non me parece normal. É inxusto que
nalgúns deportes só poidan xogar homes e non mulleres.
Eu
xogo no Cabana e somos 20 nenos e soamente unha rapaza. Case todos os
árbitros son homes, todos os adestradores homes, os presidentes
homes, os recollepelotas homes...
Nestes
exemplos reflíctese como os homes teñen máis importancia cás
mulleres, como gañan máis cartos facendo o mesmo traballo. Quero e
creo que todos vós estaredes coa miña opinión: Que acaben estas
situacións, o fútbol é tempo de ocio no que non gañamos tantos
millóns coma os profesionais.
Noé Souto Pose (2º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario