domingo, 3 de febreiro de 2019

O cambio climático, Nuria Varela Rioboo (4º ESO A)

O cambio climático non é cousa de onte nin de antonte, é cousa de hai moitos anos e aínda que non queirades a culpa é nosa. Digo nosa xa que supoño que o que está lendo isto é unha persoa, un ser humano, un mamífero intelixente, e por intelixente quero dicir que teriamos que usar máis a cabeza.
A cabeza funciona, se non, como lerías isto? Se nos funciona tan ben, como deixamos que isto ocorra?

Contaminación, esa é a causa principal e poderíase dicir que é a única causa do deterioro do NOSO PLANETA, sen ela non habería cambios na atmosfera que estamos a notar todos, os cambios climáticos, polos cales se derreten os polos e se non se derretesen os polos non subiría a altura da auga do mar e tampouco se estendería a contaminación polos océanos que son cada vez máis grandes.

Os cambios climáticos tamén afectan aos animais. Fan que se perdan nas estacións; algún conseguen hibernar no inverno, pero outros invernan nas estacións que non deberían e isto provoca que non saibn cando se deben reproducir e, se non se reproducen, acaban extinguíndose.
Ao fin e ao cabo todo é un círculo vicioso, tiras o lixo, o lixo tírano ao mar e despois o mar devólvenolo, para que despois nos volvamos tiralo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario