domingo, 3 de febreiro de 2019

As redes sociais, reflexión de Álex Urquiza (4º ESO A)

Algúns dicían que as redes sociais son incribles ou necesarias. Outros consideran que son perigosas ou inútiles. Tamén é verdade que desde que chegou o Internet o mundo cambiou. Actualmente as redes sociais mais utilizadas son: WhatsApp, Instagram, Tumblrr, Messenger, etc... 

Na miña opinión se non se manexan estas redes sociais con intelixencia ou con coidado podiamos chegar a ser unha masa de seguidores que non teñen a súa propia opinión e é abatida polas persoas que seguimos, é dicir, que seriamos receptores dun tipo de información que non está comprobada nin verificada ou simplemente inútil.

As redes sociais mantéñennos a unha gran distancia da realidade do mundo real porque o que vemos soamente nas redes sociais son fotos, historias, etc... tomadas en momentos que son 99% mentira. As redes sociais son, no fondo, un controlador de masas, un negocio empresarial e multinacional.

Non debemos crer en todas as cosas que din que son verdade, son soamente trafico intenso de clicks, ventás abertas e emerxentes e temos cada vez menos educación e cultura.


Ningún comentario:

Publicar un comentario