domingo, 3 de febreiro de 2019

Instrucións para quererse a si mesm@, Nuria Vila (4º ESO B)

Tod@s algunha vez nos sentimos mal, diferentes, desconformes co noso corpo, ben sexa por críticas doutras persoas, porque estás pasando unha mala época cos estudos, a familia ou sinxelamente por problemas de autoestima. 
 
Intentamos esquecer as críticas destrutivas pero polo xeral non somos capaces e rematamos danándonos na nosa autoestima. Aquí vos deixo unha listaxe de instrucións para amarte a ti mesm@.

1. Mírate nun espello.
 
2. Deixa a mente en branco.
 
3. Fíxate meses pequenos detalles que te fan únic@.
 
4. Dáte conta de que as persoas son fermosas con todos os seus defectos e virtudes.
 
5. Ignora os comentarios da xente.
 
6. Fai o que a ti máis che gusta.
 
7. Non cambies o teu físico por ninguén, faino só se ti queres de verdade.
 
8. Non te atemorices pensando no que dirán os demais.
 
9. Cre en ti mesm@, evita comentarios que te inciten a odiar o teu físico.
 
10. Ámate a ti mesm@ e que non che importe, por como es, se te queren de verdade non lle van dar maior importancia a aspectos físicos, a beleza tamén está no interior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario