Para
expoñer ben un traballo, necesitas ter confianza. Unha persoa segura
de si mesma ten máis éxito cando está exposta en público. Isto
resulta máis doado se segues os pasos seguintes:
1.
Fai uns apuntes, pois resultará máis fácil se te perdes.
2.
Fai unha boa presentación. Isto non quere dicir que teñas que facer
245 diapositivas. Unha presentación máis ou menos curta chama máis
a atención. Con gifs, imaxes, son e algunhas transicións tes o
público gañado.
3.
Unha boa postura é fundamental, pois se estás coas mans nos petos e lendo pola presentación, a xente desconecta. Ponte
dereito, mira a xente, intenta interactuar con eles pois farase menos
aburrido.
4.
Non esteas serio, pois non é un traballo de universidade súper importante, pero tampouco o tomes a cachondeo ou a profesora
enfadarase.
5.
Fala alto e claro, sinala a pantalla se che fai falta e comenta as
imaxes e debuxos.
6.
Acórdate da bibliografía e da data de visualización, así pareces
máis ordenado e que non o fixeches nun só día.
7.
Ao final da presentación, interactúa coa xente. Se hai preguntas,
respóndeas e dá igual o parvas que sexan así parece que dominas o
tema.
Asegúroche
que estes pasos farán de ti un profesional nas presentacións e
terás boa nota. Así non tes que esforzarte tantos nos exames.
ATENCIÓN!!!
Se suspendes a avaliación por non aprobar os exames será
responsabilidade túa. En ningún momento mencionamos que deixases de
facer os teus traballos e deberes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario