O
doutor Moldes acaba de licenciarse en psicoloxía e comezou a
traballar nunha clínica chamada Beira Verde, que era unha clínica
mental moi famosa, onde a súa primeira paciente fora Laura Novo.
Despois de ler o seu historial, descobre que padecía unha especie de
autismo, e o único que fixo foi escribir o seu nome obrigadamente.
Era
experto na súa profesión de periodista e un afeccionado á lectura,
comezou a súa terapia afundíndoa no mundo da literatura para
tranquilizala e así descubriu o seu pasado e os seus medos. Pouco a
pouco, Laura foi experimentando asombrosas mellorías, e decidiu
comezar a recordar a súa vida anterior, a vida na que o feito
atormentouna para sempre.
Ela
contou sobre unha relación sen futuro en Madrid e decidiu mudarse a
Galicia, a unha casa de turismo rural dirixida por Carlos, que era un
anterior profesor dela, no que na súa xuventude estaba namorada. Alí
descubriu de novo a felicidade que tiña por Carlos. Tamén
descubriu unha das lendas de Galicia máis máxicas, o da Gran Besta,
que trata sobre o mesmo demo que descansa nunha cova de montes de
San Simón. A curiosidade xogoulle unha mala pasada e a vista de
Laura á cova, viuse envolta nunha espiral de medo, angustia e terror
que rematou coa visión da propia besta e o seu ingreso no
psiquiátrico. O doutor, tentou verificar o testemuño de Laura
visitou a cova da suposta besta e tamén foi o Porto, onde residía
Carlos, despois de intentar fuxir do pasado. O doutor non sabía que
a súa visita a cova serviulle a besta para localizar a Laura e
levouna con el para sempre. Despois disto, Moldes descubriu que todo
aquel no que cría na ciencia e na psicoloxía, perderon totalmente
os seus fundamentos ante un suceso paranormal, que supuxo a súa
propia perdición, sobre a culpabilidade e na angustia para o resto
da súa vida.
Opinión
persoal:
O
personaxe que máis me gustou foi Laura Novo porque a súa vida,
tanto os comezos en Madrid como o regreso de Galicia interior, e ao
mesmo tempo, o terrible segredo que agachan as súas entrañas. Coa
desaparición de Laura, a novela rematou de xeito aberto e
frustrante, xa que acaba sendo vítima da maldición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario