Esta
historia transcorre nunha noite, pero non é unha noite calquera, era
a noite de Samaín. Os barbanzos eran os habitantes do castro de
Baroña e como tiñan moito medo facían sempre unha fogueira porque
crían en seres fantásticos coma Orcabella. Esa noite quedaron sen
leña e tocoulle a Bar ir buscar teixo. Como non atopaba
leña
foina roubar ao castro de Neixón. Cando chegou ao seu castro, varias
persoas secuestraron a Bar e todos pensaron que era Orcabella. Os
habitantes de Baroña foron en busca de Bar, polo monte atóparonse
cuns fenicios que lles dixeron que Orcabella non existía. Así que
os de Baroña pensaron que Bar estaría secuestrado polos veciños do
castro de Neixón. Chegaron alí e recuperaron a Bar. Cando voltaron
a Baroña estaba ardendo o castro, porque os de Neixón tiñan envexa
deles.
A
xente do castro de Baroña decidiu reconstruír o castro pero desta
vez con cousas novas que lles recomendaron os fenicios.
Gustoume
moito porque era unha historia divertida e transcorre nun lugar que
fun visitar hai uns meses.
Recomendo
esta banda deseñada porque é entretida e gústame moito os debuxos
de Pepe Carreiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario