martes, 8 de maio de 2018

Memoria conta Alzheimer de Rafael Laso Lorenzo, recensión de Iker Castiñeira Lema (3º ESO A)

Todo cambiou cando o protagonista se perdiu no monte. Nunca foi ao médico ata ese día que o atoparon, levárono os seus fillos. Ten alzheimer, apenas ten recordos non sabe como se chama, pero inventou un nome, Belaumiro. Non sabe se ten fillos ou non, agora só pensa en parvadas, só quere xogar o xadrez.
Fai anos que xoga ao xadrez. Sempre lle gustou e agora séntese como nun taboleiro, perségueno os cabalos, os soldados,vixíano moito e non lle deixan facer nada; cando quere recordar ponse moi triste.
Desde que o levaron alí, só ten o xadrez e pensa que non lle queda moito de partida. Foi ca­mpión do mundo de xadrez.
A súa mente está encerrada nun taboleiro, só pensa na partida, non recorda nada e ten ganas de chorar.
O doutor di que dentro del hai algo que lle vai facendo dano, esquécese de todo pero no fondo el segue sendo o mesmo. Está no seu taboeiro de cor negra e branca, que é o único que non se lle olvida.
Segue coa súa partida. Sabe que a xente fala del pero dálle igual porque dentro dun anaco xa non se vai lembrar.
Non fan máis que darlle pastillas e el non as quere.
Unha noite soñou coa súa muller que xa o está agardando e atopouna moi guapa. Ese día o seu fillo e mais o seu neto van visitalo, pero ningún deles sabe xogar, e el quere seguir coa súa partida. Pero finalmente perde a partida.

Iker Castiñeira Lema (3º ESO A)

1 comentario:

  1. Prezado Iker.
    Veño de ler a túa recensión da miña novela. Gustoume, tal como espero que o libro che gustase a ti. Alégrame saber de tedes un blogue sobre lingua e literatura galega, que procurarei seguir de perto.
    Unha aperta para ti e toda a clase.
    Rafael Laso Lorenzo

    ResponderEliminar