Cada
ano que pasa son máis as vítimas por violencia de xénero, algunhas
delas denuncian pero outras non. No que levamos de ano xa morreron
tres mulleres a causa de violencia machista. Unha destas mulleres era
prostituta e o caso non foi considerado como violencia de xénero
porque a vítima e o asasino non se coñecían antes diso. Outras
dúas mulleres presentaron denuncias que foron arquivadas porque non
corrían ningún perigo, ata que as asasinaron. As precaucións
sempre son poucas e que seguridade teñen as mulleres se ao
arriscarse a denunciar non lle dan a máis mínima importancia?
Ao
saír á rúa intentamos non ir soas e que non se nos faga moi tarde
para non quedar practicamente ás escuras ti soa con todos os
pensamentos que che pasan pola cabeza. Eses típicos consellos de que
todas recibimos de “non vaias soa pola rúa de noite”, “volve á
casa acompañada”, “ten coidado”, “non te pares con ningún
descoñecido”, “volve cedo”, “chámame cando chegues”, “
non vaias por lugares escuros”…
Aos
rapaces nunca se lles di estas cousas pero as rapazas desde novas
levamos estas frases gravadas no cerebro.
A
nosa sociedade, queiramos ou non segue sendo moi machista incluso nas
cancións que agora se fan ou de hai uns anos porque as mulleres
sempre somos as malas mulleres, polas que estrelaches o teu Seat
panda, a Carolina que te ten que tratar ben, eu son todas esas que
tratas como algo que podes conseguir e que alguén entende como algo
ao besta e toma as mulleres a forza, viólaas, mátaas e fan o que
queren PORQUE PODEN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario