Ola
a todos e todas, eu son Malala Yousafzai, unha rapaza de vinte anos.
Son a rapaza máis nova do mundo en ter un Premio Nobel.Obtiven este
premio con tan só dezasete anos. Conseguín este título loitando
polos dereitos civís do lugar onde vivo no val do río Swat. Loitei
especialmente polo dereito das mulleres. No 2012, cando ía no
autobús, un home entrou berrando o meu nome e disparoume tres veces
cunha pistola, deixándome graves feridas. Estiven inconsciente e en
estado crítico por ese acto, por culpa dese home pero, co tempo,
recupereime. No 2014, recibín o Premio Nobel da Paz ,fun incluída
no bloque das cen persoas máis importantes do mundo na revista Times
e
fun a primeira gañadora do premio
National
Youth Peace Prize. Actualmente, resido en Inglaterra dende o atentado
que sufrín e son "blogger" no blog BBC.
Andrea Suárez Souto (2º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario