luns, 29 de xaneiro de 2018

Paz, só tres letras con tanto significado, Elena Pose


A palabra PAZ é unha palabra que con tan só 3 letras expresa moitísimos significados a un mesmo tempo.
Se buscamos a palabra PAZ o que nos aparece no dicionario é o seguinte: “Ausencia de loita armada, exterior e interior, nun pobo, nación ou estado.” Pero a palabra PAZ vai máis aló diso a palabra PAZ representa a todas as persoas que queren igualdade para todos, un mundo sen racismo, homofobia, ou ningún tipo de discriminación ou menospréceo cara ninguén.
Ata agora moitísimas persoas loitaron para que houbera PAZ neste mundo e aínda agora non conseguiron a paz mundial. O mundo está cheo de guerras, terrorismo, axitacións e confusións. Os homes crearon moitos inventos tecnolóxicos pero non foron capaces de “crear” a paz, os científicos desencadearon o poder do átomo pero non teñen poder para ”desencadear” a paz na terra, os astrónomos descubriron moito sobre o tamaño, a maxestualidade e a precisión do universo, pero non puideron “descubrir” o camiño da paz, eles poden encontrar galaxias afastadas a través do universo pero non poden “atopar” paz aquí na terra.
PAZ unha verba que enche a boca dende o máis insignificante ata o mais poderoso, paz lonxe de nós mesmos no outro lado do mundo, da China, Oriente Medio, América Latina, Estados Unidos, Alemaña, Italia, España aquí mesmo paz é unha palabra que usamos. A palabra paz para case todos, paz entre os homes, paz entre as razas, paz entre as relixións, paz entre as diferentes clases sociais, pero ímonos achegando cada vez mais, paz entre os do mesmo país, entre os do mesmo pobo, entre os compañeiros do colexio, entre as familia, entre os nosos mesmos amigos. A paz ten que comezar polo que te rodean, polos teus veciños, por aqueles que tes preto, se logras esa pequena paz tal vez e coa axuda de outras paces pequeniñas podes chegar a conseguir unha PAZ que encha a todos, esa PAZ escrita con maiúsculas que mostre que os homes posemos a intelixencia suficiente para aceptarnos coas nosas diferenzas sen impoñer nada pola forza. A base de toda Paz é a tolerancia.

Elena Pose Núñez (2º ESO)

Ningún comentario:

Publicar un comentario