Leo é unha rapaza que acaba de rematar os estudos e que decide emprender unha viaxe de seis meses ao redor de todo o mundo para a que levaba anos aforrando. A pesar de seus pais non estaren de acordo e de que os amigos que a ían acompañar decidisen non facelo, Leo seguiu a diante e marchou. O primeiro destino foi Lisboa, os días que pasou alí estivo na casa dun amigo chamado Rubén que rematou por namorarse dela. En Lisboa Leo non chegou a disfrutar todo o que esperaba e por iso decidiu abandonar a cidade. O seu seguinte destino foi Barcelona. Alí decatouse de que durante os días que pasara en Lisboa gastara moito máis diñeiro do que podía permitirse. Por ese motivo buscou un albergue barato onde pasar uns días. Alí coñeceu ao grupo Ruth e cía que a acolleron moi ben e do que pasou a formar parte. En Barcelona foi onde Leo atopou por primeira vez escrito nun banco “ÁMOTE LEO A”. Despois de dúas semanas e media marcharon de Barcelona e viaxaron ata Granada, Sevilla e Cádiz. En todos os lugares atopaba o mesmo cartel que dicía “ÁMOTE LEO A”. Estes foron os últimos destinos nos que Leo estuvo con todos os integrantes do grupo, xa que todos, excepto Edmundo, decidiron facer o camiño de Santiago; e Leo e o restante do grupo viaxaron a Marrakech. Xa en Marrakech Leo quedou impresionada polo ritmo de vida que levaban e cada día que pasaba na cidade abraiábaa máis. Sen embargo, ao enterarse dos conflitos que estaban a suceder nas cidades árabes por aqueles momentos Leo decidiu abandonala. O seu último destino foi Istambul pero para chegar alí tivo que pasar un día no Cairo onde visitou as pirámides. Xa en Istambul aloxouse uns días na casa dunha amiga chamada Iria e logo na casa dunha alumna de Iria chamada Zerdali. Istambul maravillouna. Mais seguía atopando alá a donde iba o letreiro de “ÁMOTE LEO A”.
Pareceume un libro cunha boa historia pero no que o ritmo é demasiado lento como para enganchar ao lector. Na miña opinión xira demasiado a historia e o que eu pensaba que ía ser a trama principal (os escritos onde aparecía Ámote Leo A) remata por ser algo totalmente secundario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario