Este libro trata de dúas rapazas, Sofía e Lupe que na noite de carnavais foron a unha festa disfrazadas dos anos sesenta con minisaias, vaia, vestidas como esa época. Ao remate da festa ás 4 da mañá chamaron para pedir un taxi pero a liña estaba ocupada, e dous mozos maiores ca elas ofrecéronse a levalas, estaban bebidos. Estaban no medio da estrada cando os dous mozos se puxeron a discutir e dixeron que collerían un atallo, foron por un camiño estreito dar ao medio do monte, os mozos dixeron que se perderan e unha vez alí violaron a Sofía e a Lupe.
Sofía e Lupe chamaron a seus pais e foron poñer unha denuncia, pero ao día seguinte da violación xa todo o mundo sabía que as violaran porque saíra no xornal.
O día seguinte na escola todo o mundo se compadecía delas e falaban do tema polo baixo. O martes Mauricio, un moinante, pasou polo lado de Lupe mirouna mal e chuspiulle ao lado, esa mesma mañá apareceu na parede do baño unha pintada que poñía “Sofía e Lupe putas” . Fora Mauricio pero tiñan moi poucas probas e só lle caeu unha semana de expulsión.
Ao día seguinte xa identificaran os violadores, Constantino e Pedro, e Lupe por medo e presión retirou a denuncia pero Sofía seguiu adiante con ela, foi tan constante coa súa decisión que ata os pais do rapaz lle ofreceron 120.000 euros para ir estudar literatura as Américas, e ela rexeitounos.
Ao final todo saíu ben, Sofía encontrou mozo, chamado Rubén, e ese rapaz, si que a quería.

Gustoume moito sobre todo polo sentimento que trasmite cada personaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario