Estes
días as cabeceiras dos periódicos e dos xornais están cheas de
tristura: lume, lume e máis lume, destruíndo todo o que atopa por
diante, que chega como un ladrón na madrugada sen aviso, levando a
vida, si a vida, pois a natureza é vida, por diante. E os homes
pelexando contra si mesmos porque co noso egoísmo e maldade somos os
que acabamos co pouco que vai quedando da natureza. Onde imos? Que
queremos lograr? A natureza chora de dor é pídenos que loitemos por
ela que a axudemos a ser de novo importante.
A
erosión, a deforestación o lume, a contaminación e a procura de
riqueza están acabando con ela, os seus recursos estanse esgotando e
a súa fauna desaparecendo.
Algo
debemos de estar facendo mal, cando se nos esquece que só temos un
planeta no que vivir e que se ose o destruímos tamén nos
destruiremos a nós mesmos, xa que non teremos onde vivir.
Podemos
e debemos evitar moitos dos desastres que ocorren na natureza.
Inundacións por basura nos sumidoiros, lumes por falta de limpeza e
previsións e xa non digamos os que se poñen para facer mal ou gañar
cartos, eses xa son imposibles de previr. Pero os grandes desastres
provocados por inundacións e furacáns poderían ser menores se o
quencemento do planeta fora a menos e iso conseguiríase con menos
contaminación. Todo iso ten solución é está nas nosas mans.
Hoxe lembrámonos das persoas que foron vítimas dos lumes ou doutros
desastres naturais. Pero é o momento de que nos decatemos dos nosos
actos, de axudarnos uns aos outros, de entender que ninguén está
libre de sufrir una catástrofe dende a xente humilde ata a máis
poderosa. A natureza lémbranos que somos todos iguais , que todos
necesitamos de todos. Dende as plantas máis pequenas ata os homes.
Estamos neste mundo para que o compartamos e o protexamos para poder
disfrutar da natureza e impedir que sexa destruída por calquera.
O lume por exemplo foi sempre fonte de vida para o home que o
utilizala para mellorar ao longo da historia pero, como puidemos
comprobar estes días tamén o utiliza para destruír a vida que nos
rodea ou a forma de vida dos que o rodean. Una forza tan grande que
nin el mesmo pode controlar.
Loitamos
para que a natureza sexa verde e non negra, para que dende un pequeno
grilo do chan ata una fermosa águia teñan onde vivir sen medo a que
as súas crias non poidan susbsistir pola man dun compañeiro de
viaxe. O home.
Ningún comentario:
Publicar un comentario