domingo, 22 de outubro de 2017

O medio ambiente, Lucía Moreira Souto (2º ESO)

O medio ambiente é o noso ben mais prezado e debemos coidalo e respectalo. Pero, están de acordo con isto os donos das grandes fábricas e empresa petroleiras e da madeira? Obviamente, non.

O abuso da explotación dos recursos naturais é algo moi común hoxe en día, pero tamén unha das principais causas da destrución do noso planeta. Cada vez máis, sobre todo pola tala de árbores, as grandes zonas virxes están sendo reducidas para satisfacer a demanda de toda a poboación.

Actualmente, en zonas rurais danse abundantes casos de incendios provocados para obter beneficios económicos; incitados por unha parte  pola nova lei que di que nunha zona queimada se pode construír, o cal xera que moitos cidadáns encontren vantaxes en prender o monte para edificar negocios, casas,...; pola outra, favorecen a devaluación da madeira e a replantación de eucaliptos beneficia a empresas madeireiras e de papel polo seu rápido crecemento e a súa facilidade de adaptación a calquera terreo.
 
Outros dos principais contaminantes son os vertidos residuais, os accidentes de petroleiros e as illas de refugos. Non só a fauna e flora terrestres sofren as consecuencias dos nosos actos, senón que tamén os mariños soportan os nosos constantes abusos.. Os residuos tóxicos danan a súa fisioloxía, provócanlles enfermidades e a morte de individuos e incluso especies.. Aínda que o último é intensificado pola caza furtiva para conseguir perlas das ostras,  e marfil dos elefantes entre outros.

Tamén implica moitas baixas animais a súa matanza para obter materiais, como os moluscos, que se matan para coller as conchas ou os vermes de seda, que se ferven en auga para que non rompan o fío ó saír.

E o peor é que a lista non remata aí, senón que prosigue ata que dento de menos do que nos esperamos os soños de coches fantásticos que voan e non consumen combustible fósiles e máquinas do tempo queden eliminados pola nosa auto crenza de que precisamos todo isto para as nosas vidas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario