martes, 2 de maio de 2017

Recensión Drácula de Bram Stoker por Yolanda Rama Cousillas (4º ESO)


Jonathan Harker un xoven abogado inglés recentemente graduado , viaxa a Transilvania , ao castelo do conde Drácula, coa intención de finalizar unhas transaccións inmobiliarias. Harker ponse extremamente nervioso ao darse conta de que todos os campesiños do lugar reaccionan con medo despois de oir o lugar ao que se dirixe.Ao chegar e coñecer ao conde, Harker pensa que se trata dun home bastante estraño e queda aterrorizado despois de que, ao estarse afeitando , non é capaz de ver a Drácula reflectido no seu espello. Johnatan atópase pronto a se mesmo prisioneiro no castelo, e descubra rapidamente o segredo do conde : sobrevive bebendo o sangue de seres humanos , e pensa matalo. Pronto, Drácula deixa o castelo cargado con 50 caixas cheas de terra , deixando ao viaxante só e débil . Máis tarde, Harker consegue escapar do castelo , pero non é capaz de volver directamente ao seu país, xa que sofre dunha importante febre, e pásase varias semanas recuperándose nun convento.

Mentres tanto, Drácula parece xa chegar a Inglaterra. Pouco despois deste suceso, Lucy Westenra, a mellor amiga da prometida de Jonathan, empeza a experimentar estraños síntomas: perde moito sangue, e non se sabe onde vai.  O seu prometido, Arthur Holmwood, empeza a preocuparse , e o doutor Seward (o cal se propuxera a Lucy anteriormente e fora rexeitado) pide axuda ao seu amigo e mentor Abraham Van Helsing, para ver se pode facer algo.

Tras examinala, Van Helsing dáse conta de que un vampiro ten algo que ver coa estraña enfermidade de Lucy. É un científico e un doutor, pero tamén un gran estudioso de filosofía e mitoloxía antiga . Mesmo despois de facerlle varias transfusións de sangue, non son capaces de salvar a Lucy, e acaba morrendo . Aínda que Van Helsing sabe que ela non está realmente morta. Estes tres homes, coa axuda de Quincey Morris, outro antigo pretendente de Lucy , profanan a súa tumba e para o seu asombro , a morta non está alí . Posteriormente , os catro homes, collen á non-morta regresando dunha carnicería na veciñanza, e danlle morte.

Mina acaba recibindo noticias de Jonathan e vai a Budapest a buscalo. Casan no convento onde Harker se esta recuperando e volven a Inglaterra. Van Helsing, Quincey, Seward, Harker e Holmwood xuran desfacerse de Drácula. Desafortunadamente, Drácula acaba accedendo ao escondite de Mina e empeza a beber do seu sangue.

O caso vólvese extremadamente urxente, xa que se non matan a Drácula rapidamente , Mina converterase nunha vampira, como o fixo Lucy. Todos se acaban enzarzando nunha espectacular persecución de volta a Transilvania, onde finalmente captúrano e mátano. Durante a batalla Quincey recibe unha puñalada dun dos cíngaros que transportaba o ataud de Drácula, e morre. Na súa memoria, Jonathan e Mina chaman ao seu fillo Quincey.

En xeral paréceme un libro que non deixa un só cabo sen atar en relación ás sensacións que debe transmitir en cada momento. Ademais está cheo de reflexións filosóficas bastante interesantes, sobre todo nos diálogos finais de Renfield. Persoalmente fíxoseme un pouco pesado de ler, maioritariamente debido ao continuo cambio de narrador e a linguaxe un pouco antiga, así como a gran acumulación de ideas que se produce en todos os parágrafos ou ao contrario, o enorme número de voltas que o autor pode dar para expresar algo simple. Tamén me parece que deixa algo que desexar con respecto ás caracterizacións físicas dos personaxes (excepto de Drácula). Aínda así o libro ten unha capacidade inmensa de atraer ao lector e deixalo pensado sempre que pasará despois, polo que é moi difícil deixar de ler. Penso que existe unha razón para que os clásicos sexan clásicos, e este libro é a proba diso. Por encima de todo, encantoume.

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario