Chamando
as portas do ceo fala da India. Da india a través de Silvia.
Silvia
é unha rapaza de 19 anos que estuda medicina e que levándolle a
contraria aos seus pais decide ir pasar un verán como cooperante dun
hospital a India.
Nada
máis chegar deuse de conta de que nada era como en España. Na India
a pobreza e a riqueza van da man, e a vida e a morte están
fortemente unidas.
Durante
toda a novela pódese apreciar como vai evolucionando Silvia a vez
que comprende a cultura india e se integra e relaciona cos demais
cooperantes ou pacientes.
Alí
coñece a dous adultos como son Elísabet e Lorenzo e cos que aprende
non só como ser unha boa médica senón tamén a comprender que é o
que quere e que é o que de verdade importa naqueles momentos. Alí
tamén coñece a Leo e a Mahendra, dous homes que por distintas
circunstancias a vida feriu. Ao primeiro a súa moza de catro anos
deixouno ao enterarse de que ía ir a India e ao segundo morréronlle
os seus fillos e a súa muller afogados e dende aquela non volveu a
saír da súa gran casa. A ambos Silvia axuda e os dous rematan
querendo a Silvia como ela tamén os quere eles, aínda que de
distinta maneira.
Silvia
non só os axudou a eles, senón que tamén axudou a nenas como
Sahira ou Lakshmi. A primeira rematou morrendo, o que Silvia tomou
con gran pena, en cambio a segunda conseguiu superar a enfermidade e
vivir. Silvia terminou por adoptala, a pesar de non poder levala a
España.
Ao
remate do verán, a India cambiara a Silvia e Silvia cambiou a India,
por iso prometeu volver o seguinte verán.
Persoalmente
gustoume moito este libro xa que se ensina a vida de nenos como nós
en lugares e culturas moi diferentes e ao mesmo tempo tamén se
ensina a importante labor dun ou dunha cooperante en países
subdesenvolvidos. Ademais é unha boa forma de aprender a entender
culturas diferentes a túa propia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario