INSTRUCIÓNS
PARA COMPRENDER O VOO DUNHA MOSCA DURANTE 50 MINUTOS
Procura ter un bo obxectivo:
Moitas moscas
soen voar demasiado rápido ou ser demasiado pequenas para
distinguilas doutros elementos da paisaxe.
Asegúrate
de atoparte nun espazo ben pechado:
Unha
vez localizada a mosca, pecha portas e ventás de tal maneira de que
esta non se poida escapar nin por un pequeno burato.
Prepárate:
Para
iso recoméndoche só unha cousa: non pensar.
Unha
evasión completa da realidade facilita o albiscamento de moscas.
Mantén
a boca pechada:
Creo
que esta instrución non precisa unha explicación moi complexa.
Simplemente pecha a boca e aforraraste desgustos.
Ponte
en acción:
Cando teñas
completados os catro puntos anteriores, é o momento de pasar á
acción. Localiza a mosca e estuda todos os seus xiros e movementos,
observa marabillado como cada recuncho dos teus oídos é deleitado
co pequeno zunido que esta produce. Se algunha vez se para, non te
preocupes! Ti segue mirando cara ela e, de seguro, pronto volverá a
voar, recreando esa sensación de liberdade que tanto ansias sentir.
Moita
sorte!
Cando vexas ese
exame diante, non te preocupes! Ti escribe exactamente o que
aprendiches na clase: recorda explicar cada mínimo detalle sobre a
túa pequena amiga;con sorte, a/o profesora/o decatarase de que nese
momento non estabas na clase e alagará a túa gran capacidade de
concentración.
ADVERTENCIA:
Este manual pode non resultar de axuda.
Perdoen
as molestias:
A
Organización das Pequenas Cousas que Non Deberías Facer na túa
Vida
Ningún comentario:
Publicar un comentario